Red Española de SupercomputaciónTras o rotundo éxito colleitado polo Euro-Par 2017, 23rd International European Conference on Parallel and Distributed Computing, que reuniu a perto de 300 investigadores en computación avanzada na Universidade de Santiago de Compostela, este outono ven cargado de eventos que prometen tornar Compostela nunha autentica capital computacional europea.

  • 27 de setembro: Manuel Ruiz Villareal do Instituto Español de Oceanografía (IEO-Coruña) organiza o Seminario Científico da Rede Española de Supercomputación “Servicios Marinos y Supercomputación: Experiencia y Retos Futuros”.
  • 28 de setembro: A Rede Española de Supercomputación celebra a sua 11th RES Users’ Conference. A RES organiza esta edición dá sua reunión anual de usuarios científicos de supercomputación en Compostela dá man do CESGA. Esta edición contará coa participación de Carmen Vela, Secretaria de Estado de I+D+i e Francisco Conde, Conselleiro de Economía, Emprego e Industria. Neste evento daranse cita máis de 100 investigadores, todos eles usuarios intensivos de supercomputación, dás áreas de Química e Ciencia de Materiais, Biomedicina e Ciencias da Vida, Matemáticas, Física e Enxeñaría, e Astronomía, Espazo e Ciencias dá Terra.
  • 29 de setembro: 6th HPC Advisory Council Network of Expertise, 6th Annual Spain Conference  Este evento ten como obxectivo promover a interacción entre as empresas e as organización que traballan en tecnoloxías HPC cos usuarios finais, e abrangue un amplo rango de intereses e temáticas como Deep Learning, Machine Learning, Exascale Era, Big Data, etc.
  • 19 de outubro: O CITIUS organiza a Machine Learning Workshop Galicia 2017 Tras o éxito colleitado pola anterior edición, organizada polo CESGA, con 25 ponencias e na que participaron máis de 100 investigadores e empresas, o CITIUS asume o reto de dar continuidade a este evento que pretende convertirse en referencia entre a industria e a comunidade investigadora nestas tecnoloxías.

Res Users Conference