PRESENTACIÓN INSTITUCIONAL DO POLO DE TECNOLOXÍAS CUÁNTICAS DE GALICIA
A vicepresidencia primeira e consellería de economía, industria e innovación da Xunta de Galicia e o CESGA presentarán o Polo de Tecnoloxías Cuánticas de Galicia nun acto institucional que terá lugar no Patio de Cristal do Hotel Monumento San Francisco.
PROGRAMA DO ACTO
Data: 15 de xullo de 2022.
Hora: De 12:00h. a 13:30h.
Lugar: Patio de Cristal, Hotel Monumento San Francisco, Santiago de Compostela
REXISTRO: A asistencia a este acto require de rexistro previo. Por favor, cubra o seguinte formulario: https://bit.ly/3HXnpfW
Intervencións:
12:00h. – Benvida da conductora do acto (Mar Castro).
12:05h. – Intervención de Lois Orosa Nogueira, Director-Xerente do CESGA.
“Presentación do Polo de Tecnoloxías Cuánticas de Galicia.”
12:20h. – Intervención de Verónica Fernández Mármol, Científica Titular CSIC, Instituto de Tecnoloxías Físicas e da Información Leonardo Torres Quevedo.
Retos e oportunidades das tecnoloxías cuánticas na seguridade da información.”
12:40h. – Intervención de Óscar Diez, Xefe de Área de Computación Cuántica na Dirección Xeral de Redes de Comunicación, Contido e Tecnoloxías da Comisión Europea.
“Estratexia da Comisión Europea en Tecnoloxías Cuánticas”
12:50h. – Peche institucional do acto.
Francisco Conde, Vicepresidente Primeiro e Conselleiro de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia.
13.10h. – Viño Galego