Project Description
Boats4Schools – Boats4Schools
Periodo:2017-10-01 – 2020-03-31 (30 meses).
Entidad financiadora: Comisión Europea
O proxecto Boats4Schools ten como obxectivo desenvolver unha metodoloxía educativa e divertida que consega que @s estudantes do ensino medio de entre 12 a 17 anos comprendan a importancia da ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas (STEM), como camiño do seu futuro, engadindo as habilidades relacionadas co Arte para habilidades puramente técnicas: STEAM. O proxecto buscará crear unha experiencia educativa emocionante e retadora que implique que alumn@s de 12 a 17 anos, traballando en equipos, construan un barco en miniatura con regras fixas, como emprego de enerxía sostible, ou materiais compostos, e ao facelo, se poñan en contacto e aprendan diversas tecnoloxías como o modelado 3D, a manufactura aditiva, fabricación na nube, ferramentas de enxeñería informática, ferramentas CAD, innovación, deseño e creatividade.
Os obxectivos estratéxicos de Boats4Schools son:
– espertar o interese de l@s mozos sobre futuras carreiras no STEM e promover o seu entusiasmo para aprender nestas áreas.
– Ofrecer aos alumnos do ensino medio a oportunidade de contactar co contido práctico de STEAM dun xeito divertido e educativo.
– Para informar e motivar os profesores e orientadores educativos para orientar a carreiras STEM destacando as oportunidades dispoñibles no mercado de traballo.
– Afrontar o problema das baixas taxas de sistencia en matemáticas, enxeñería e outras ciencias aplicadas mediante o emprego de métodos de ensino máis eficaces e innovadores.
A web do proxecto é http://www.boats4schools.eu/