Project Description

CAPAP-H – Red de Computación de Altas Prestaciones sobre Arquitecturas Paralelas Heterogéneas (CAPAP-H)

Periodo:2007-12-01 – 2009-12-01 (24 meses).

Entidad financiadora: Xunta de Galicia

http://capap-h.uji.es/

En diversas áreas da ciencia e a enxeñaría é necesario resolver problemas de alto custo
computacional. Con este fin, os investigadores empregan sistemas paralelos que, cada vez
máis, presentan unha estrutura heteroxénea e/ou xerarquizada, e que resultan difíciles de programar
e usar eficientemente. Exemplos destes sistemas son as redes de computadores
heteroxéneos e os procesadores multinúcleo (multicore).

Os grupos participantes nesta rede abordan nas súas liñas de traballo os problemas que
expoñen estas plataformas. A rede persegue facilitar o intercambio e transferencia de coñecementos
entre os grupos, fomentar a cooperación, e articular os esforzos para
consolidar o seu recoñecemento internacional no ámbito da CAPAP-H.

Obxectivos

Os principais obxectivos que pretendemos alcadar son os siguintes:

  • Facilitar o intercambio e a transferencia de coñecementos e experiencias entre os distintos grupos de investigación interesados na CAPAP-H, de xeito que se fomente a cooperación entre eles
  • Axudar á consolidación e difusión do coñecmento existente sobre CAPAP-H. Fomentar o desenvolvimento e uso de novas técnicas e metodoloxías que posibilita a CAPAP-H, principalmente naaquelas liñas nas que investigan os grupos participantes.
  • Aunar e organizar os esforzos individuais para tratar de identificar e alcadar obxectivos mais ambiciosos, así coma consolidar a comunidade que traballa neste ámbito de xeito que aumente o sue peso específico a nivel internacional, de cara a posuir unha identidade propia no Espazo Europeo de Investigación.
  • Estreitar os lazos entre os grupos participantes que interveñen na rede, así coma con outras organizacións públicas ou privadas, nacionais ou internacionais, para colaborar no desenvolvemento de publicacións, proxectos, conferencias e seminarios.

Participantes