Project Description

CENTINEL – CONTROL DE LA EDIFICACIÓN Y SU ENTORNO PARA EL SOPORTE E INNOVACIÓN DE SERVICIOS DE VALOR

Periodo:2013-04-08 – 2014-12-31 (21 meses).

Entidad financiadora: Ministerio ID

O obxectivo do proxecto CENTINEL é a dotación de intelixencia aos Edificios, novos ou en rehabilitación, mediante o desenvolvemento das Infraestruturas de Telecomunicación e a incorporación de elementos que permitan o despregamento de servizos útiles para o cidadán, para os suministradores de servizos e para as Administracións.
O Proxecto CENTINEL priorizará o servizo de Xestión Intelixente do Consumo (eléctrico, gas, auga), en consonancia cos obxectivos de Eficiencia Enerxética marcados pola Directiva Europea 2012/27 EU. No entanto, as infraestruturas despregadas no Edificio habilitarano para o desenvolvemento e implementación doutros servizos contemplados na Regulamentación actual, tales como Tranquilidade, Seguridade ou Teleasistencia. Máis aló, estas infraestruturas habilitarán o despregamento de servizos ao Edificio por parte de terceiras compañías, establecendo un embrión de aplicacións e unha economía baseada no Edificio como ingrediente fundamental da Smart City.
O Proxecto CENTINEL permitirá definir unha plataforma integrada de servizos orientada a cidadáns, provedores de servizos e Administracións que permita crear desenvolvemento económico e benestar social.
O consorcio está formado polas seguintes empresas:
  • Televés, empresa líder no seu sector dedicada ao deseño, desenvolvemento e fabricación de equipos de distribución de sinais de telecomunicacións achega ao proxecto un gran coñecemento e experiencia respecto das infraestruturas de distribución nos fogares e os edificios.
  • Empresa Municipal de Augas da Coruña (EMALCSA), que co seu gran coñecemento sobre a xestión integral da auga avalada polos seus 110 anos de historia achega ao proxecto toda a súa experiencia na xestión dun ben público, así como o seu coñecemento en materia de telegestión.
  • SOLVENTEA Innovación é unha PEME especializada en deseño e desenvolvemento de solucións software e hardware para a adquisición e monitorización de datos remotos
  • InfoJC, empresa que leva máis de 30 anos especializado no ámbito da seguridade da información para organizacións e o desenvolvemento de aplicacións e sistemas de información.
Como fonte de apoio para o desenvolvemento tecnolóxico que propón o proxecto, estas organizacións contarán co servizos de tres centros tecnolóxicos de recoñecido prestixio como son:
  • A Fundación Centro Tecnolóxico de Telecomunicación de Galicia (GRADIANT).
  • A Fundación Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia (CESGA)
  • O Centro Tecnolóxico de Investigación Multisectorial (CETIM)