Project Description
Periodo:2003-11-01 – 2005-04-01 (20 meses).
Entidad financiadora: Comisión Europea
www.e-aqua.org
O proxecto e-AQUA ten como obxectivo analizar a penetración das Tecnoloxías da Información e Comunicación (TIC) e a promoción do Comercio Electrónico no sector acuícola da área atlántica. O proxecto conta coa participación de representantes de catro países atlánticos: España, Francia, Irlanda e o Reino Unido. Os socios galegos do proxecto son o Cesga, Cetmar e a Universidade de A Coruña.
O proxecto e-AQUA desenvolverase seguindo tres pasos coordinados para comprobar o grado de penetración das TIC no sector acuícola e promover o uso do Comercio Electrónico polas empresas do mesmo.
Un traballo de Observatorio terá como función investigar a situación actual no sector respecto das TIC e as posibilidades de desenvolvemento do Comercio Electrónico no sector acuícola atlántico.
Tomando como base o traballo do Observatorio, organizaranse cursos e seminarios de formación. Estes cursos e seminarios serán especificamente adaptados para satisfacer as demandas da situación actual do sector.
Finalmente, dun modo complementario ó Observatorio e á Formación, o proxecto tamén contempla un traballo de asesoramento ás empresas acuícolas que queiran implantar as TIC nos seus procesos de negocio.
Período realización: 1 outubre 2003-12 decembro 2004
Orzamento total: 997.459 euros
Orzamento CESGA: 110.675 euros
Tipo de proxecto: Europeo I3
Organismo:: Comisión Europea.
Socio principal: Centro de Competencias de Comercio Electrónico
Entidades colaboradoras:
CETMAR, BIM , UNIVERSIDADE DA CORUÑA, MADE IN B, CEMPAMA, AquaTT UETP Ltd., SCHULEBERGERSEMA