Project Description

eDIH DATALIFE – DATAlife: European Digital Innovation Hub

O proxecto EDIH DATAlife céntrase en implementar tecnoloxías disruptivas en fases de validación e demostración con gran potencial para aumentar a competitividade das empresas galegas e da administración pública, pero pouco estendidas na actualidade. Polo tanto, é necesario apoiar ás empresas, especialmente ás pemes, para facilitar o seu coñecemento e adopción.

Os servizos recolleranse nun catálogo e de forma gratuíta para as pemes. Estes incluirán consellos para implementar novas tecnoloxías e probas de concepto de Intelixencia Artificial (IA), Computación de Altas Prestacións (HPC) ou Internet das Cousas (IoT).

Obxectivos

  • Aumentar a competitividade das empresas e, especialmente, das pemes, mediante a adopción de tecnoloxías de IA e Big Data, promovendo a creación de espazos de datos federados e a súa explotación colaborativa.
  • Compartir boas prácticas con outras rexións a través do seu comité de expertos, con embaixadores a nivel nacional e internacional, e con relacións estratéxicas coa participación en redes de colaboración de DIHs.
  • Ser unha fiestra única de servizos, proporcionando ás empresas acceso a solucións dixitais avanzadas a través de infraestruturas modernas para a experimentación e validación tecnolóxica.

Website: https://www.dihdatalife.com/edih/

Socios

ANFACO-CECOPESCA
BIOGA – Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida
CESGA – Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia
CETIM – Fundación Centro Tecnológico de Investigación Multisectorial
CMD – Cluster da Madeira e o Deseño de Galicia
CETGA – Cluster da Acuicultura de Galicia
CSG – Cluster Saúde de Galicia
Clúster TIC Galicia
EnergyLab – Centro Tecnolóxico de Eficiencia e Sostenibilidade Enerxética
FEUGA – Fundación Empresa Universidade Galega
FINSA – Financiera Maderera S.A.
GRADIANT – Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións De Galicia
Noso Capital, SGEIC, S.A.
Televés, S.A.U.
Universidade de Santiago de Compostela
Universidade de Vigo
Vodafone España S.A.U.
Zendal Health S.A.

Financiamento: Comisión Europea

Convocatoria: Europeo IP

Data inicio: 2023/01/01

Data fin: 2025/30/12

Orzamento global: 2.500.000 €

Orzamentoo CESGA: 417.964 €