Project Description

EPICOVIGAL –  Epidemioloxía Xenómica do SARS-CoV-2 en Galicia

Período: 2020-05-01 – 2021-09-01

Financiado por: Fondo Supera COVID-19 (Crue Universidades Españolas, Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) e Banco Santander) e axudas do programa Traslaciona.COVID-19. reforzo da investigación sanitaria de Galicia (ACIS-SERGAS-Xunta de Galicia).

A secuenciación e a análise xenómica é unha ferramenta moi útil para comprender os brotes de virus patógenos. O consorcio EPICOVIGAL creou unha plataforma xenómica para o estudo molecular do SARS- CoV-2 en Galicia que permite obter información útil para a toma de decisións para o control da expansión do virus a nivel local e rexional.

https://epicovigal.webs7.uvigo.es/