Project Description

EProcura

Periodo:2008-09-01 – 2011-10-31 (36 meses).

Entidad financiadora: D.X. de ID

O fin último do proxecto é o deseño, desenvolvemento e despregue dun sistema de intermediación orientado específicamente á procura e localización personalizada de cursos, que permita aos demandantes de formación desenmarañar toda a oferta dispoñible na web e quedarse con aquela que realmente lle poda resultar de interés.

Deste xeito, se favorecerá e incluso se potenciará a evolución da sociedade do coñecemento (ver apartado Interese para o sector e posibles beneficios), caracterizada por unha forte necesidade de adaptación das persoas que soamente pode ser satisfeita mediante unha formación contínua.

O traballo estará sustentado nos modelos, mecanismos e prácticas normalizadas no ámbito das tecnoloxías aplicadas ó aprendizaxe, así como no emprego de algoritmos e técnicas de descripción semántica, propios do ámbito da intelixencia artificial, para obter servizos avanzados de procura que fagan uso non somente da descripción intrínseca dos cursos senón tamén da sua información contextual (contorno no que se imparte, condicións de uso, horarios, servicios de valor engadido, avaliacións de outros usuarios, etc.) e das necesidades e características do usuario que realiza a procura.

 

Presentacions

 

Máis datos

  • Período: 2008-2011
  • Coordina: CESGA
  • Socios: Universidade de Vigo.