Project Description

METAFOR – METAFOR – Distance Learning by Satellite

Periodo:2001-03-01 – 2002-10-31 (18 meses).

Entidad financiadora: Comisión Europea

A Comunidade Europea a través do programa de Ten Telecom, asignou ó CESGA e á Aula de Productos Lácteos o levar a cabo o proxecto METAFOR en Galicia. METAFOR é un proxecto de desenvolvemento e avaliación dun innovador sistema de tele-formación vía satélite a implantar nun contorno rural e dirixido ó sector agrícola. A experiencia levarase a cabo en tres países europeos: España, Francia e Suecia. En España participarán as Autonomías de Cataluña e Galicia correspondéndolle a esta última rexión efectuar o proxecto no sector lácteo galego integrado por 35.000 explotacións que representa o 52% do total do estado español. A formación continua é unha tarefa na que se veñen investindo múltiples esforzos para a súa implantación; nun contorno rural, as posibilidades das PEMES para acceder a esta formación continua atopan barreiras que non existen nun contorono urbán. Este proxecto ten como obxectivo esquivar as desvantaxes da formación ás PEMES localizadas en contornos rurais. Metafor pretende acadar os seguintes obxectivos: Construcción dunha óptima solución tecnolóxica integrada de tele-formación vía satélite. Avaliación de custos de implantación e funcionamento. Proba da bondade pedagóxica do sistema. Determinación do ámbito de interese a nivel europeo.

 

Institucións involucradas.

Consorcio METAFOR

  • CESGA (Centro de Supercomputación de Galicia). España.
  • APL (Aula de Productos Lácteos – USC Lugo) España.
  • MBV (Mon Blau Vert – Barcelona) España.
  • ALCATEL SPACE. Francia.
  • Viviance. Francia.
  • RENATER (Reseau Nationat de Telecommunications pour la Technologie, l´Enseignement et la Recherche). Francia.
  • CNERTA (Centre National d´Etudes et de Ressources en Technologies Avancees). Pertencente ó Ministerio de Agricultura e Pesca de Francia.
  • SLU (Sveriges Lautbraks Universitet, Universidade Sueca de Ciencias Agrícolas) Suecia.

Centros de experiencia en Galicia:

10 Centros situados en zonas rurais e interesadas na industria agroalimentaria.

Soporte de institucións en Galicia:

  • Consellería da Presidencia: Rede de Voz e Datos nos Centros.
  • Consellería de Agricultura: Determinación dos Centros e acceso ós mesmos.
  • Consellería de Industria: Plan de formación continua.
  • Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento: Coordinación das institucións involucradas.
  • Consellería Educación e Ordenación Universitaria..
  • Consellería de Familia

 

 

Calendario do Proxecto.

14 Marzo – 2001: Reunión oficial do arranque do Proxecto en CESGA (Santiago de Compostela).

Outubro – 2002: Fin Proxecto.

 

Prensa

  1. El Correo Gallego 06/04/2001 “Cesga e Universidade estudian a aplicación da tecnoloxía vía satélite.”
  2. El Correo Gallego 18/04/2001 “A Aula de Productos Lácteos e o Cesga levan o teleensino ó rural gracias ó proxecto Metafor.”