Project Description
Ocean Connections – Developing Ocean Literacy through Creative Digital Pedagogies
Período: 2019-10-01 – 2021-06-30
Financiado por: Comisión Europea
O proxecto Ocean Connections busca experimentar con tecnoloxías interactivas de Realidade Virtual e de Realidade Aumentada así como pedagoxías dialóxicas para mellorar o coñecemento sobre o mundo mariño entre estudantes de primaria e secundaria.
Os seus obxectivos principais son:
- O uso de pedagoxías creativas e realidade aumentada / virtual para implicar a xente nova no coñecemento do mundo mariño.
- Explorar a capacidade destas pedagoxías para apoiar aos mozos no seu acceso a acuarios, tanto de xeito persoal como remoto.
- Explorar a capacidade destas pedagoxías para apoiar o coñecemento dos mozos sobre o mundo mariño.