Project Description
Software Senior
Periodo:2002-11-01 – 2004-04-30 (18 meses).
Entidad financiadora: D.X. de ID
O proxecto Software Senior tivo como obxectivo elaborar unha base de datos on-line accesible de recursos software dirixidos a persoas maiores con discapacidades físicas, visuais e auditivas. Para iso buscáronse, avaliáronse e testeáronse numerosas aplicacións informáticas que facilitan a accesibilidade para a utilización das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións como son os emuladores de rato, os emuladores de teclado, os programas sintetizadores de voz, os programas de recoñecemento de voz e as aplicacións de avance do rato e do teclado.
- Socios: Grupo de Investigación en Gerontología (UDC) e CESGA
- Responsable: María José Rodríguez Malmierca
- Web: http://softsenior.cesga.es/