Project Description
TRAFAIR – Understanding Traffic Flows to Improve Air quality
Entendendo os Fluxos de Tráfico para Mellorar a Calidade do Aire
Periodo:2018-11-01 – 2020-10-31 (24 meses).
Entidad financiadora: Comisión Europea
Programa: Connecting Europe Facility 2014-2020
Convocatoria de Proxectos: Telecom Calls for Proposals 2017
Número TENtec: 2017- EU- IA-0167
Obxectivos do proxecto:
1. Definir un conxunto estándar de metadatos capaces de representar mapas urbanos de calidade do aire.
2. Prover estimacións en tempo real de polución de aire na cidade utilizando sensores de baixo custo e combinando as súas medicións con aquelas das estacións de medida das autoridades regulatorias para construír un mapa informativo dos diferentes niveis de polución en 6 áreas urbanas.
3. Desenvolver un servizo de predición de calidade do aire urbano baseado nas predicións meteorolóxicas e os fluxos de tráfico rodado utilizando tecnoloxías HPC (Cómputo de Altas Prestacións) para calcular a estimación de difusión dos contaminantes na área urbana. Dado que este modelo tamén pode aplicarse a escenarios hipotéticos de circulación do tráfico rodado, o modelo desenvolto poderá utilizarse para testar novas hipóteses de circulación (como cambios en frota de vehículos, incrementos de vehículos de baixas emisións, cambios na ordenación do tráfico urbano nas cidades,…) e estudar os impactos na calidade do aire xerados baixo os distintos escenarios.
4. Publicar os datos nun repositorio de datos abertos describindo os mapas urbanos de calidade do aire en 6 cidades europeas nas que se implantará o servizo durante o período do proxecto: Zaragoza (600.000 habitantes), Florencia (382.000), Modena (185.000), Livorno (160.000), Santiago de Compostela (95.000) e Pisa (9.000). Os conxuntos de datos, incluíndo os metadatos, publicaranse en catálogos recolleitos no Portal de Datos Europeo.
Beneficios do Proxecto: TRAFAIR producirá beneficios concretos para cidadáns, negocios e administracións europeas a través dun servizo que elevará os niveis de conciencia sobre a calidade do aire que respiramos a diario e proverá ás administracións públicas unha ferramenta fundamental coa que abordar os retos da calidade do aire en contornas urbanas.
Socios en TRAFAIR:
Son socios en TRAFAIR – Universidades, Administracións Locais e Rexionais italianas e españolas e un Centro de Supercomputación.
Università degli Studi dei Modena e Reggio Emilia, Università degli Studi de Firenze, Universidade de Santiago de Compostela, Comune dei Modena, Regione Toscana, Concello de Santiago de Compostela, Fundación CESGA, Universidade de Zaragoza, Lepida SPA.
Rol do CESGA en TRAFAIR:
CESGA participará de modo activo en
1) utilizar os nosos recursos HPC para permitir aos cidadáns e ás administracións dispoñer dun mapa de calidade de aire e fluxo de tráfico na cidade de Santiago de Compostela
2) obter predicións da calidade do aire e fluxo de tráfico nos próximos días, similar a como se fai xa noutras cidades, e que permita tomar as medidas oportunas
3) xerar un software de código aberto paralelo que sexa alternativo ás solucións propietarias existentes
Para iso colaboraremos en:
1) a definición e organización da rede de sensores urbanos para a cidade de Santiago de Compostela,
2) a paralelización dun modelo de código aberto para o cálculo da polución do aire que sirva de alternativa ás solucións propietarias existentes
3) o despregamento dun modelo de calidade de aire e fluxo do tráfico para a cidudad de Santiago de Compostela,
4) o desenvolvemento de aplicacións web e móbiles para a representación da información obtida que poida ser de utilidade a cidadáns e administracións
5) soporte para a implantación da solución nunha contorna HPC