Project Description

WrAIte – Artifical Intelligence in Creative Writing

Periodo: 2024-11-01 – 2027-04-30

Financiado por: Comisión Europea – ErasmusPlus

O proxecto educativo europeo WrAIte (2024-1-AT01-KA220-ADU-000255667) ” “Creative writing with AI. Methodologies and approaches for implementing digital and AI-assisted creative writing in adult education” está centrado na experimentación sobre a IA xerativa e os seu potencial como ferramenta con fins educativos na escritura creativa de adultos, cun interese específico nas súas posibilidades de mellora da inclusión e da accesibilidade de educación non formal entre adultos.

O proxecto conta con institucións de 5 países (Austria, Dinamarca, Grecia, Francia e España) baixo a coordinación de Die Berater (Austria).

O CESGA ten, entre outras tarefas, a responsabilidade de deseñar e propoñer unha plataforma de escritura con IA para o desenvolvemento das actividades piloto, adaptada aos requisitos do equipo investigador e as necesidades dos usuarios finais deste proxecto.