Os Sistemas de Información Xeográfica convertéronse en potentes ferramentas capaces de resolver problemas complexos de planificación e xestión. A súa maior utilidade está relacionada coa capacidade para construír modelos ou representacións do mundo real a partir de datos espaciais.
O CESGA posúe unha gran experiencia traballando con estas ferramentas desde 1994, desenvolvendo diversos proxectos relacionados coa tecnoloxía SIX, incluíndo aqueles que teñen que ver coa información patrimonial, o Medio Ambiente e Mariño, participando e apoiando iniciativas investigadoras do sector na comunidade galega.
Servizos SIX proporcionados polo Centro de Supercomputación de Galicia
O servidor de cartografía do CESGA crea e serve mapas dinámicos creados en proxectos desenvolvidos pola Area GIS. Estes mapas permiten ao usuario a máxima interacción coa información xeográfica, accédese a información no seu formato orixinal de maneira que é posible realizar consultas como as que faría un GIS.
Un servidor de mapas funciona enviando, a petición do usuario desde o seu navegador,unha páxina cunha cartografía asociada en formato de imaxe. Podemos dicir que un servidor de mapas é, un GIS a través de Internet. Ademais de visualizar os mapas pódese interactuar con eles con operacións como zoom, panzoom, procura selectiva ou consultar información de base de datos asociada.
O CESGA ofrece aos seus usuarios a posibilidade de desenvolver un servidor de mapas específico con datos alfanuméricos própios, co fin de servilos en Internet ou nunha Intranet.
As tecnoloxías GIS ofrecen diversidade de alternativas interoperables e de fácil integración accesibles a toda a organización. Dende as aplicacións tipo escritorio a servizos ofrecidos a través da web, o CESGA conta cunha gran experiencia no desenvolvemento de solucións a medida, tanto na realización de aplicacións completas que xestionan o tratamento de datos, como en programación de utilidades e aplicacións GIX.
Así mesmo, ofrece a posibilidade de desenvolver aplicacións WEB específicas para o usuario, dotadas dun conxunto de ferramentas de visualización e edición de datos xeorreferenciados, que permiten servir mapas dinámicos en Internet. Son aplicacións con funcionalidades “a medida” para cubrir a necesidade de xestionar, non só os datos e as ferramentas necesarias, senón tamén estruturar ordenadamente a información.
O Cesga participa en proxectos de I+D+i no ámbito do sistema de información xeográfica, desenvolvementos baseados nos estándares de Open Geospatial Consortium e aplicación de Infraestruturas de datos espaciais.
Aplicación de técnicas de procesamiento, de clasificación automáticas e de representación gráfica de contidos. O obxectivo común é indicar os centros de interese e os temas contidos nunha cantidade importante de información, e ao redor dos cales se agrupan os diversos elementos que compoñen esta información e representar ou visualizalos nun GIX.
Calquera proxecto de cartografía dixital require que se integre a información cartográfica proveniente de diversas fontes. Grazas a que a información xeográfica organízase como capas de datos, é posible realizar medicións, consultas, modelizaciones e outro tipo de análise que aproveiten datos provenientes de moitas disciplinas diferentes. Así, os datos de poboación, por exemplo, poden analizarse en combinación con datos industriais, co que poden elaborarse mapas de desenvolvemento. Esta capacidade de poder vincular datos provenientes de fontes diversas, é posible grazas á integración de diferentes capas de datos. Se estes datos non se integran entre si, non será posible realizar ningún tipo de análise espacial.
O CESGA pon á súa disposición un servizo de aloxamento de mapas. Servizo que soluciona a publicación dos mapas corporativos dunha xeito rápido e fácil.
Os Sistemas de Información Xeográfica revolucionaron a maneira de acceder e analizar a información xeográfica.