A RedIRIS-NOVA anuncia que multiplicará por 10 a velocidade da súa rede óptica ata chegar aos 100 Gbps.
Esta iniciativa inclúe tamén as troncais da Rede de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia (RECETGA) xestionadas polo Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA).
RedIRIS-NOVA, a rede óptica de alta capacidade despregada por RedIRIS para dar servizo aos centros académicos e científicos, multiplica por 10 a velocidade das súas ligazóns, que pasan a 100 Gbps, tras despregar con éxito novos equipos de rede de última xeración.
A conectividade a moi alta velocidade é o servizo máis visible e intensivo en recursos de todos os que presta RedIRIS ás súas institucións afiliadas, sendo fundamental o papel que desempeña a RedIRIS-NOVA como infraestrutura troncal de rede.
Máis información:
https://www.rediris.es/difusion/publicaciones/e-boletin/12/n1.html