Hoxe e mañá celébrase en Oporto a reunión de arranque dun novo proxecto europeo: “Boats4Schools”, unha experiencia educativa dirixido a estudantes de secundaria no ámbito das STEM (Science Technology Engineering & Maths) na que equipos de diferentes centros deseñarán e competirán con prototipos de barcos en miniatura cos materiais e técnicas máis actuais: modelado 3D ferramentas de enxeñería na nube e CAD, etc.
Boats4Schools é unha experiencia educativa dirixida educación secundaria para traballar STEM (Ciencia Enxeñaría Tecnoloxía e Matemáticas), dende unha metodoloxía lúdica, grupal e motivadora, para que estudantes de secundaria de diferentes centros deseñen compitan en grupo con prototipos de barcos en miniatura empregando materiais e técnicas actuais: modelado en 3D, ferramentas de enxeñería na nube, CAD, etc.
Boats4Shools propón o desenvolvemento dunha proposta didáctica para promover a adquisición de competencias e habilidades dende a perspectiva de “aprender facendo”, divirtíndose e aprendendo en grupo cara a construción dun pequeno prototipo de barco e, así, motivar o coñecemento dos estudantes sobre enxeñería, física, innovación, matemáticas, etc. Entre os obxectivos que se pretende conseguir será motivar o interese das rapazas de secundaria no campo da enxeñaría e as TIC. Como é sabido, o sector das TIC ten unha gran necesidade de incorporar mulleres, que na actualidade aínda representan unha porcentaxe mínima en carreiras e postos de traballo.
No proxecto, que ten unha duración de 30 meses a partir de outubro deste ano 2017, participan institucións de diferentes tipos, de institutos técnicos hata escolas, que aportarán a súa visión para acadar unha metodoloxía adecuada para este obxectivo de aprendizaxe común.
Se desexa máis información, escriba a e-learning@cesga.es