Xornadas de Portas Abertas CESGA “COÑECE FINISTERRAE”
No marco da Semana da Administración Aberta 2023 impulsada pola Dirección Xeneral de Gobernanza Pública, CESGA celebra os días 21, 22 e 23 de marzo unhas xornadas de portas abertas á cidadanía a través das que coñecer o novo Supercomputador FinisTerrae III e os servizos que ofrece a grupos de investigación e innovación.
Calquera ciudadán/a que o desexe poderá realizar unha visita guiada ás instalacións do Centro de Supercomputación de Galicia, previo envio de solucitude a través deste formulario.
A visita guiada dura ao redor de 30 minutos e require rexistro individual/grupos (os grupo non poderán exceder de 20 persoas).
Centro de Supercomputación de Galicia atópase localizado en:
Avenida de Vigo, s/n 15705 Santiago de Compostela A Coruña, España Teléfono: +34 981 56 98 10 info@cesga.gal 42º52.539 N 8º33.196 W |