Seminarios Aula CESGA
Os días 23 e 24 de novembro 2022 celebramos dous seminarios en formato blended-learning (mixto), con posibilidade de asistencia presencial no CESGA ou ben a través da nosa plataforma de webinars. Están dirixidos a usuarios noveles e avanzados da plataforma Aula Cesga, (https://aula.cesga.es) onde daremos un repaso ás principais ferramentas e funcionalidades.
Mércores 23 novembro (16:00-17:00)
Primeiros pasos en xestión de cursos Aula Cesga.
Imparte: Salvador Tabares, María José R. Malmierca.
- Creación e xestión básica de cursos na plataforma
- Xestión de usuarios e roles (inscripción, estatísticas, etc.)
- Creación e xestión de contidos: Documentos, ligazóns, tests, anuncios, tarefas
- Interacción cos usuarios: foros, chat, videoconferencias
Xoves 24 novembro (16:00-17:00)
Opcións avanzadas de Aula Cesga.
Imparte: María José R. Malmierca, Salvador Tabares.
- Creación de leccións (itinerarios formativos)
- Uso de grupos nun curso
- Wikis e blogs de aula
- Mantemento e reutilización do curso (backups, copia, eliminación…)
- Rede Social de Aula Cesga
Estes dous webminars están dirixidas ao profesorado e administradores/as de cursos na plataforma de e-learning Aula Cesga, así como a aquelas persoas que estean interesadas en empregar Aula Cesga no futuro.
Ambas sesións teñen 50 prazas dispoñibles, para poder facer preguntas e compartir dúbidas sobre o uso de Aula Cesga con nos en directo.