Síguenos ...

  • Twitter FacebbokFlickrYouTube CESGA

Servizos PYME's

  • Servicios para Empresas

Annual Report 2016

  • Annual Report 2016

  • CESGA ICTS
  • Descrición do servizo

O servizo de almacenamento de datos que proporciona o Cesga, está orientado ao almacenamento e tratamento de información de altas prestacións, grandes volumes de datos e de alta dispoñibilidade e o acceso desde calquera computador conectado á rede Internet.

  • Solicitude do servizo

Para poder utilizar o servizo de almacenamento é necesario dispor dunha conta de usuario nos servidores do CESGA, para o que, se non se dispón dela, é necesario encher e enviar completado e asinado o formulario de alta de usuario (tamén accesible desde a sección "Formularios de Solicitude" do menú "Soporte Usuarios").

O seguinte paso consiste en cumprimentar o formulario de solicitude do servizo de almacenamento (require unha conta de usuario), para o que haberá que determinar a cantidade de información que se desexa almacenar e cales son as características desta información. Co fin de orientar ao usuario do servizo nesta clasificación, recomendamos ler o apartado seguinte para a clasificación da información e, en caso de dúbidas, contactar co departamento de sistemas do CESGA a través do seguinte formulario de contacto.

Unha vez enviado o formulario de solicitude do servizo, o CESGA porase en contacto con vostede para informarlle das caracterísitcas do sistema de almacenamento que se pon á súa disposición, e de como pode comezar a utilizalo desde ese momento.

  • Tarifas

O custo do servizo determinarase en función das características solicitadas, polo que a súa valoracion realízase para cada caso particular

  • Política de uso

Na seguinte ligazón descríbese a política de uso aceptable que se debe cumprir.