O CESGA facilítalle servizos de computación fundamentalmente a investigadores e tecnólogos que usan ferramentas de cálculo científico e tecnolóxico:

  • Servizos de asesoramento na procura, selección e desenvolvemento de algoritmos, programas e arquitecturas
  • Servizo de porting de códigos e optimización de programas
  • Servizo de análise e deseño de contornas de traballo cómodos e produtivos
  • Servizo de computación Cloud
  • Servizo de visualización remota

¿Quen pode acceder a estes servizos? 

Todos os investigadores das universidades galegas, centros do CSIC e departamentos de I+D de empresas públicas ou privadas que o demanden poderán acceder aos servizos de soporte ao cálculo científico do CESGA. Normalmente os investigadores e tecnólogos que demandan estes servizos son usuarios dos supercomputadores ou traballan de forma habitual con estacións de traballo, ou redes de PCs para executar os seus cálculos.