Solicitamos su permiso para obtener datos estadísticos de su navegación en esta web. Si continúa navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK | Política de cookies | Política de Privacidad

Síguenos ...

  • Twitter FacebbokFlickrYouTube CESGA

Servizos PYME's

  • Servicios para Empresas

díxitos Xullo 2019

  • díxitos Xullo 2019

  • CESGA ICTS

1. Descricion do servizo

A finalidade deste servizo é permitir aos usuarios introducirse no campo das tecnoloxías Big Data dun modo sinxelo, a través de Hadoop, unha das plataformas máis estendidas neste ámbito.

Apache Hadoop é un software de código aberto amplamente utilizado para almacenar e procesar grandes volumenes de datos en paralelo dentro da paradigma Big Data. Os dous compoñentes principais de Apache Hadoop sobre os que se despregan todos os demais son: un sistema de ficheiros paralelo ( HDFS) onde se almacenan os datos para analizar e un xestor de traballos ( YARN) que distribúe as aplicacións entre os nodos dispoñibles. Por encima destes dous compoñentes disponse de distintas API de programación coas que desenvolver a aplicacións. Na actualidade a API de programación máis estendida é Spark, a cal foi substituíndo aos poucos á API orixinal MapReduce grazas ás súas melloras de rendemento e á súa sinxeleza de uso.

O servizo permite lanzar de forma sinxela traballos que utilizan Spark, Hive, Impala, MapReduce, HBase ou Kafka.

Para obter máis detalles sobre como usar o servizo consultar o portal do mesmo:

https://bigdata.cesga.es

2. Solicitude do servizo

Este servizo está dispoñible para institucións do sistema universitario galego (SUG), centros do CSIC, departamentos de I+D de institucións e/ou empresas públicas ou privadas e institucións e/ou empresas que participen en actividades de I+D+i co CESGA, sempre que cumpran cos criterios de adhesión.

3. Tarifas

Este servizo ten un custo orientativo de 10 céntimos por hora de CPU. O custo final do servizo variará en función da cantidade de CPU/core consumidas e do soporte técnico requirido. Os investigadores do CSIC e as universidades galegas poderán acceder ao servizo sen custo asociado.

4. Política de uso

Na seguinte ligazón descríbese a política de uso aceptable que todo usuario do servizo debe cumprir: Política xeral de uso computación.

Para obter máis detalles sobre como usar o servizo consultar o Portal da Plataforma Portal BD|CESGA donde encontrará información adicional así coma guías de uso das distintas ferramentas.

https://bigdata.cesga.es