• Soporte DesarrolloDescrición do servizo

Defínese o servizo de Soporte ao Desenvolvemento como un servizo de axuda ao desenvolvemento de software de usuario. O servizo comprende axuda e colaboración en programación en diversas linguaxes, optimización de código existente, así como axuda á implementación de solucións que combinen diversas tecnoloxías computacionales.

Este servizo é levado a cabo mediante o desenvolvemento de proxectos de 4 meses máximo con estreita colaboración do usuario e orixinados por unha solicitude de servizo proveniente de este.

  • Solicitude de servizo

As empresas e institucións privadas, poderán acceder a este servizo contactando con:

Transferencia Tecnolóxica - Teléfono Teléfono: 981 569810 - Ext.: 818 email/

Os investigadores pertencentes ao sistema universitario galego (SUG) ou ao CSIC, ou participan en actividades de I+D+i co CESGA.

Para a súa solicitude por favor remita o seguinte formulario.

  • Tarifas

O servizo  é gratuíto para membros do sistema universitario galego (SUG) ou do CSIC.

  • Políticas de uso

É condición indispensable do servizo a aceptación a reportar por parte do usuario todas as publicacións derivadas da solución desenvolvida durante o proxecto nos 2 anos seguintes á súa finalización, así como incluír nelas o correspondente agradecemento ao CESGA. Así mesmo toda publicación directamente derivada do desenvolvemento da solución debe incluír como autores aos técnicos involucrados no proxecto.

As políticas de uso con empresas e institucións privadas, establecenranse mediante contrato.