Síguenos ...

  • Twitter FacebbokFlickrYouTube CESGA

Servizos PYME's

  • Servicios para Empresas

Annual Report 2016

  • Annual Report 2016

  • CESGA ICTS

Os servizos descritos baixa a área de Comunicacións, engloban ás prestacións que o CESGA ofrece a través da Rede de Ciencia e Tecnoloxía (RECETGA). RECETGA é unha infraestrutura de altas prestacións despregada para proporcionar servizos de conectividade que facilite ás institucións galegas o acceso a recursos provistos polas redes de investigación, e promovan a colaboración dentro do marco da I+D+i a nivel internacional. Cabe destacar entre estes:

  • Servizo de conexión de centro a RECETGA: Permiten ao centro a conexión da súa infraestrutura á rede de investigación autonómica RECETGA e por extensión a RedIris e GEANT.
  • Servizos sobre a rede: Son os que provén as redes de investigación na actualidade, e entre os que cabe destacar: os servizos de multicast, routing IPv6, redes privadas virtuais a nivel ethernet ou a nivel IP entre institucións e/ou sedes afiliadas, lambdas baixo demanda para proxectos con elevadas esixencias de conectividade, acceso a redes de experimentación e/ou proxectos especiais (PASITO, Rede LHC), Eduroam, etc.
  • Servizos de xestión e monitorización: O CESGA, a través do seu Centro de Operacións de Rede (NOC, Network Operations Center) xestiona a infraestrutura e monitoriza a calidade da conexión de rede dos centros afiliados.
  • ¿Quen pode acceder a estes servizos? En cada ficha de servizos poderá consultar información das institucións obxectivo. Como norma xeral, os servizos provistos polo CESGA a través de RECETGA están dirixidos aos investigadores das universidades galegas, centros do CSIC e departamentos de I+D de empresas públicas ou privadas que o demanden e que satisfagan os criterios de adhesión. 

Os servizos incluídos na presente sección forman parte dun catálogo global de servizos provistos, de forma homoxénea, polas redes de investigación a nivel nacional e internacional.