Informe mensual

  • INTECO

Síguenos ...

  • Twitter FacebbokFlickrYouTube CESGA

Servizos PYME's

  • Servicios para Empresas

díxitos Marzo

  • díxitos MARZO 2017

  • CESGA ICTS

O servizo de seguridade de CESGA (CERT) ten como finalidade a detección de problemas que afecten á seguridade das redes e centros de RECETGA, así como a actuación coordinada cos devanditos centros para a resolución de incidentes de seguridade e con RedIris cando o ámbito destes é nacional ou internacional.

De igual forma o servizo PERT asiste aos centros usuarios para a resolución de problemas relacionados co rendemento de rede co fin de optimizar o rendemento extremo a extremo para usuarios das infraestruturas de conectividade.

  • Solicitude do servizo:

Este servizo está dispoñible para institucións do sistema universitario galego (SUG), centros do CSIC, departamentos de I+D de institucións e/ou empresas públicas ou privadas e institucións e/ou empresas que participen en actividades de I+D+i co CESGA sempre que cumpran cos criterios de adhesión.

Para notificar un incidente ou problema de seguridade ou rendemento, por favor fágao mediante o formulario de notificación de incidente CERT/PERT.

  • Tarifas

Este servizo é gratuíto para os centros e institucións afiliadas.

  • Política de uso

Na seguinte ligazón descríbese a /gl/soporte_usuarios/solicitud-servicios/politica-uso-aceptable-recetgaPolitica de uso aceptable de RECETGA que todo centro adscrito debe cumprir.