O servizo de conectividade proporciona ás institucións candidatas acceso de altas prestacións á Rede de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia (RECETGA). Isto permitiralle ao centro usuario o acceso privilexiado aos recursos ofrecidos non só a nivel rexional, senón tamén nivel nacional e internacional (RECETGA, RedIris, GEANT e ao resto de redes de investigación a nivel mundial), así como conectividade a Internet.
O CESGA xestiona RECETGA e a interconexión desta coa Rede Española de Investigación (RedIris). O servizo de conectividade está deseñado para proporcionar unha solución robusta aos requisitos da maioría dos usuarios investigadores e docentes proporcionando servizos innovadores dispoñibles de forma habitual nas redes de investigación (IPv6, multicast, Eduroam, VPNs, circuítos baixo demanda, acceso a redes de experimentación, etc).
O CESGA proporciona en RECETGA, de forma nativa, direccionamento IP baseada nos protocolos IPv4 e IPv6 cunha configuración en "dual-stack". O servizo de conectividade inclúe esta tecnoloxía e para poder facer uso dela é necesario que a institución dispoña de direccionamento IPv4 e IPv6 (propio ou proporcionado por CESGA).
Adicionalmente, a rede troncal de RECETGA soporta Jumbo Frames (MTU de 9000 bytes) así como a distribución de tráfico multicast.
Para proceder á conexión existen dúas opcións:
- Conectarse directamente a un Nodo Troncal de RECETGA (recomendada)
- Conectarse a través dun centro pertencente na actualidade a RECETGA. Neste caso deberá chegar a un acordo coas partes involucradas para a utilización das infraestruturas en tránsito.
A institución é responsable de xestionar a ligazón de acceso ata o Nodo de Rede Troncal de RECETGA máis próximo.
Este servizo está dispoñible para institucións do sistema universitario galego (SUG), centros do CSIC, departamentos de I+D de institucións e/ou empresas públicas ou privadas e institucións e/ou empresas que participen en actividades de I+D+i co CESGA sempre que cumpran cos criterios de adhesión.
Para levar a cabo a conexión do centro a institución ou empresa interesada debe de cumprimentar o formulario de solicitude ben de forma electrónica ou ben por escrito vía correo postal tradicional.
- Para realizar a solicitude por vía telemática debe de cubrir adecuadamente o Formulario de Solicitude de conexión de novo centro .
- Para realizar a solicitude vía correo postal debe imprimir o Formulario de Solicitude de Conexión de Novo Centro[
] e enviar devandito documento correctamente cumprimentado ao Director ou Presidente do CESGA.
En ambos os casos debe indicar:
- Identificación da institución/centro
- Actividade da institución/centro
- Xustificación da necesidade de conectarse a RECETGA
- Tipo de conexión requirido (ancho de banda ou outras necesidades)
Unha vez aceptada a solicitude procederase á análise técnica conxunto das posibilidades e medios de conectividade entre a localización xeográfica indicada pertencente o Centro Solicitante e o Nodo de Rede Troncal máis próximo.
O servizo de conectividade é gratuíto. O centro debe de custear a conexión de última milla entre o propio centro e o Punto de Presenza de RECETGA máis próximo.
Na seguinte ligazón descríbese a Política de uso aceptable de RECETGA que todo centro adscrito debe cumprir