Síguenos ...

  • Twitter FacebbokFlickrYouTube CESGA

Servizos PYME's

  • Servicios para Empresas

Annual Report 2016

  • Annual Report 2016

  • CESGA ICTS

O CESGA presta servizos de comunicacións de altas prestacións, como entidade xestora da Rede de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia (RECETGA), e como entidade xestora das diferentes infraestruturas de cálculo aloxadas no propio centro, así como axente de innovación implicado no desenvolvemento de numerosos proxectos de tecnoloxías da información e as comunicacións. 

Derivado da devandita actividade, o centro ofrece, aos seus usuarios e/ou empresas interesadas nos diversos servizos e tecnoloxías utilizadas:

  • Consultoría
  • Soporte técnico
  • Formación
  • Solicitude do servizo:

Este servizo está dispoñible para calquera institución ou empresa e con condicións económicas especiais para institucións do sistema universitario galego (SUG), centros do CSIC, departamentos de I+D de institucións e/ou empresas públicas ou privadas e institucións e/ou empresas que participen en actividades de I+D+i co CESGA.

Para levar a cabo a solicitude do servizo de "Consultoría, Soporte e Formación" debe de cumprimentar o formulario de solicitude vía telemática Servizo consultoría, soporte e formación de comunicacións.

  • Tarifas

É necesario facer un estudo de cada caso particular, indicarase unha valoración unha vez realizado a análise técnica de viabilidade e custos.