Síguenos ...

  • Twitter FacebbokFlickrYouTube CESGA

Servizos PYME's

  • Servicios para Empresas

díxitos Marzo

  • díxitos MARZO 2017

  • CESGA ICTS

Logo IPv6

  • Descrición do servizo

A dirección IP é o identificador de cada un dos equipos que teñen presenza en Internet e sen estas direccións os equipos non poderían comunicarse entre si. Existen dous tipos de direccións IP, as utilizadas de forma maioritaría na actualidade, IPv4, e as do novo protocolo de encamiñamento de Internet, IPv6. Os números 4 e 6 identifican a versión do protocolo.

O CESGA, dende os seus comezos administra e asigna direccionamento IPv4 e, tamén desde hai anos, IPv6 ás institucións afiliadas. O direccionamento IPv4 asígnase baixo demanda aos novos centros afiliados ou a aqueles centros que, de forma xustificada, requiran incrementar os seus rangos de direccionamento públicos.

A nivel global as direccións de tipo IPv4 son xa un ben escaso, polo que os diversos organismos públicos implicados promoven a adopción de direccións IPv6. O CESGA, formando parte deste esforzo, pon a disposición dos centros afiliados un esquema de asignación de direccionamento IPv6, contando na propia rede troncal con soporte para a dita tecnoloxía.

En relación co antigo direccionamento IPv4, será asignado de acordo coas necesidades, evitando que se acaparen direccións. Os usuarios deberán planificar as súas redes co fin de usar o mínimo posible de direccionamento público. Calquera asignación será válida mentres se manteña o criterio orixinal exposto na petición.

Calquera centro afiliado e conectado a RECETGA, conta con direccionamento IPv4 asignado directamente polo CESGA ou solicitado polo propio usuario a RIPE. Adicionalmente os centros usuarios poderán solicitar direccionamento IPv6 para a migración das súas propias infraestruturas ao uso do novo protocolo. Os prefixos de routing asignados contarán cos mesmos servizos provistos por RECETGA para o protocolo IPv4 (multicast, routing, filtrado, etc).

  • Solicitude do servizo:

Este servizo está dispoñible para: institucións do sistema universitario galego (SUG), centros do CSIC, departamentos de I+D de institucións e/ou empresas públicas ou privadas e institucións e/ou empresas que participen en actividades de I+D+i co CESGA sempre que cumpran cos criterios de adhesión.

Para levar a cabo a solicitude do servizo de "Soporte IPv6" debe de cumprimentar o formulario de solicitude vía telemática: Servizo soporte IPv6.

  • Tarifas

O servizo de soporte IPv6 é gratuíto para os centros que forman parte de RECETGA.

  • Políticas

Na seguinte ligazón descríbese a Política de uso aceptable de RECETGA que todo centro adscrito debe cumprir.