Síguenos ...

  • Twitter FacebbokFlickrYouTube CESGA

Servizos PYME's

  • Servicios para Empresas

díxitos Marzo

  • díxitos MARZO 2017

  • CESGA ICTS

Cambiar logo

  • Descrición do servizo

A tecnoloxía de transporte multicast permite a transmisión de grandes cantidades de información de forma eficiente segundo patróns de comunicación entre emisores e receptores do tipo un-a-moitos e moitos-a-moitos aforrando recursos de rede e de sistemas de gran valor. 

RECETGA foi unha das redes pioneiras en ofrecer servizo multicast, estando soportado de forma nativa desde hai anos en todos os routers da rede troncal, o que implica que o tráfico dirixido ao grupo multicast apropiado é recoñecido e tratado de forma adecuada.

O soporte multicast está amplamente aceptado e soportado de forma nativa nas redes de investigación a nivel internacional (NRENs). Infraestruturas como as salas de traballo colaborativo AccessGrid ou proxectos como Ópera Oberta, no que se realizan transmisións en tempo real de Ópera desde o Liceo de Barceloa ás diferentes universidades, fan uso de tecnoloxía de transporte multicast para a difusión de fluxos de vídeo intensivos a un número elevado de participantes.

Un centro con soporte multicast habilitado poderá realizar emisións en grupos multicast con alcance rexional ou internacional, así como recibir emisións multicast de fontes situadas en diferentes puntos das redes de investigación. Aqueles centros que non conten con soporte multicast habilitado deben facer uso de pontes multicast-unicast co prexuízo que isto leva en uso de recursos de rede e CPU dos equipos implicados.

O soporte multicast está suxeito a requirimentos técnicos adicionais nos centros usuarios, polo que debe de avaliarse tecnicamente cada caso a dispoñibilidade do servizo, ou as melloras necesarias para poder acceder a este.

  • Solicitude do servizo:

Este servizo está dispoñible para institucións do sistema universitario galego (SUG), centros do CSIC, departamentos de I+D de institucións e/ou empresas públicas ou privadas e institucións e/ou empresas que participen en actividades de I+D+i co CESGA sempre que cumpran cos criterios de adhesión.

Os requisitos para acceder a este servizo son:

  1. Ser unha institución afiliada a RECETGA.
  2. Ter unha conexión IP con RECETGA.
  3. En caso de ter conexión directa con RECETGA, asegurarse de que o operador de acceso soporta a tecnoloxía.
Para levar a cabo a solicitude do servizo de "Soporte Multicast" debe de cumprimentar o formulario de solicitude vía telemática Servizo de soporte multicast.

 

  • Tarifas

O servizo de emisión/recepción de tráfico multicast é gratuíto para os centros afiliados a RECETGA.

  • Políticas

Na seguinte ligazón descríbese a política de uso aceptable de RECETGA que todo centro adscrito debe cumprir.