• Descrición do servizo

Imagen sesion colaborativaO servizo de videoconferencia proporciona acceso a infraestrutura de colaboración que permite a varios usuarios situados en lugares dispersos xeograficamente, manter unha conversación en tempo real con interacción visual, auditiva e verbal, mediante o uso de cámaras, micrófonos e outros dispositivos para a presentación de documentos.

O equipamento de videoconferencia dispoñible en CESGA permite a realización de videoconferencias con calidade de imaxe de alta definición (1080p) conectados a pantallas de grandes dimensións.

O sistema de videoconferencia utilizado permite ademais a transmisión de datos conectando un PC ao propio equipo de videoconferencia para a súa difusión ao resto de participantes que conten con equipos habilitados ao efecto.

O número de participantes máximo é de 4 para alta definición.

Se necesita realizar videoconferencias cun número maior de participantes é posible realizala en definición estándar, até un máximo de 12 participantes facendo uso dun sistema de multivideoconferencia .

(Opcional) Realizar streaming do evento ou sesión de traballo por Internet
(Opcional) Realizar gravación do evento ou sesión de traballo para a súa edición a posteriori polo usuario ou deixalo dispoñible nun servidor de streaming provisto por CESGA.

  • Solicitude do servizo 

Este servizo está dispoñible para institucións do sistema universitario galego (SUG), centros do CSIC, departamentos de I+D de institucións e/ou empresas públicas ou privadas e institucións e/ou empresas que participen en actividades de I+D+i co CESGA sempre que cumpran cos criterios de adhesión.

Para realizar a solicitude por vía telemática debe de cubrir adecuadamente na sección de Soporte a UsuarioFormulario de Solicitude de Seminario Virtual Web ou Videoconferencia en Alta Definición (seleccionando no campo Tipo: "Videoconferencia HD").  

  • Tarifas

Amósase a continuación os diferentes custos dos servizos de videoconferencia. 

Videoconferencia tipo 1
(aforo 6 -12 persoas)
Videoconferencia tipo 2
(aforo: ata 50 persoas)
Videoconferencia tipo 3: Multiconferencia
(aforo: ata 50 persoas)
100 € primeira hora
50 € segunda hora e sucesivas
300 € primeira hora
100 € segunda hora e seguintes
100 € conexión polo primeiro punto e primeira hora
60 € cada punto adicional que participe e primeira hora
30 € por punto adicional segunda hora e seguintes

* Los prezos indicados NON inclúen IVA.

As videoconferencias de tipo 1 e 2 implican a conexión entre dous puntos (a sala do Cesga con outro participante/sala), mentres que a videoconferencia tipo 3: Multiconferencia, implica a posibilidade de conectar varios puntos de forma simultánea.

Incluido no precio se atopan as pruebas, personal técnico e o alquiler do local.
Os prezos indicados están estimados para uhna conexión IP. En caso de requerir RDSI, se añadiría ás tarifas o coste correspondiente da chamada/chamadas realizadas, según a tarifa telefónica vigente.

Estas tarifas poden verse modificadas, en función do análisis de cada caso particular según requerimientos e condicións do proxecto no que se enmarque.

  • Política de uso

O servizo adscríbese á política xeral de uso de servizos do CESGA, podendo consultarse esta na área de Soporte a Usuarios: Política xeral de uso.