Os Sistemas de Información Xeográfica convertéronse en potentes ferramentas capaces de resolver problemas complexos de planificación e xestión. A súa maior utilidade está relacionada coa capacidade para construír modelos ou representacións do mundo real a partir de datos espaciais.

O CESGA posúe unha gran experiencia traballando con estas ferramentas desde 1994, desenvolvendo diversos proxectos relacionados coa tecnoloxía SIG, incluíndo aqueles que teñen que ver coa información patrimonial, o Medio Ambiente e Mariño, participando e apoiando iniciativas investigadoras do sector na comunidade galega.

O CESGA, ofrece tamén aos seus usuarios a posibilidade de desenvolver  un SERVIDOR DE MAPAS específico con datos alfanuméricos propios, co fin de servilos en Internet ou nunha Intranet.

SOFTWARE

  • ArcGIS: conxunto de produtos no campo dos SIG, que agrupa varias aplicacións para a captura, edición, análise, tratamento, deseño, publicación e impresión de información xeográfica.
  • ER Mapper: paquete que permite manipular, analizar e integrar os datos de imaxes, información vectorial e base de datos.
  • OpenGIS: estándares abertos e interoperables dentro dos Sistemas de Información Xeográfica e da World Wide Web. Búscase a interaoperación de diversos sistemas de geoprocesamiento para facilitar o intercambio da información xeográfica en beneficio dos usuarios.

OUTROS SITIOS RELACIONADOS CON GIS. 

  • SITGA Cartografía de Galicia.
  • CNIG Centro Nacional de Información Xeográfica.
  • IDEE Infraestrutura de datos espaciais de España.
  • OGC Open Geospatial Consortium.
  • gisCampus Campus virtual de información Xeográfica.
  • Dis.net Directorio cartográfico de España.
  • FAROS Proxecto EU LIFE+.