Síguenos ...

  • Twitter FacebbokFlickrYouTube CESGA

Servizos PYME's

  • Servicios para Empresas

Annual Report 2016

  • Annual Report 2016

  • CESGA ICTS
  • Descrición do servizo

As tecnoloxías GIS ofrecen diversidade de alternativas interoperables e de fácil integración accesibles a toda a organización. Dende as aplicacións tipo escritorio a servizos ofrecidos a través da web, o CESGA conta cunha gran experiencia no desenvolvemento de solucións a medida, tanto na realización de aplicacións completas que xestionan o tratamento de datos, como en programación de utilidades e aplicacións GIS.

Así mesmo, ofrece a posibilidade de desenvolver aplicacións WEB específicas para o usuario, dotadas dun conxunto de ferramentas de visualización e edición de datos xeorreferenciados, que permiten servir mapas dinámicos en Internet. Son aplicacións con funcionalidades “a medida” para cubrir a necesidade de xestionar, non só os datos e as ferramentas necesarias, senón tamén estruturar ordenadamente a información.

Tamén participamos en proxectos de I+D+i no ámbito do sistema de información xeográfica, desenvolvementos baseados nos estándares de Open Geospatial Consortium e aplicación de Infraestruturas de datos espaciais.

  • Solicitude do servizo:

Para solicitar o servizo contacte connosco: Formulario de contacto.

  • Tarifas:

Contacte co Departamento de GIS para coñecer as tarifas.

  • Políticas

O servizo adscríbese á política xeral de uso de servizos do CESGA: Política xeral de uso.