• Descrición do servizo

Imagen alojamiento servidorEste servizo contempla o aloxamento dun servidor propiedade do usuario no CPD do CESGA, e está orientado a usuarios cun perfil de coñecemento medio-alto. Ao non ser administrado polo CESGA, calquera actuación sobre o sistema, máis aló dos propios problemas que poidan xurdir no aprovisionamento, serán facturados por horas completas a tarifas vixentes.

Hai que ter en conta que os servidores necesitan un determinado mantemento periódico. Polo que se non se ten capacidade e/ou coñecementos para facelo debería optar pola contratación dun servizo de soporte ou delegar esta tarefa nalgunha persoa/empresa.

A máquina así aloxada contará cun servizo de monitorización automático, alertando de posibles problemas ante perda de conectividade. 

O servizo de aloxamento pode complementarse con servizos adicionais (backups, monitorización detallada de servizos, etc..)

As condicións que se inclúen nun aloxamento estándar son:

  • Conectividade a internet redundante a RECETGA/RedIris.
  • Alimentación ininterrompida.
  • Unha (ou varias segundo o caso) IP pública/s para o seu acceso a/desde internet.
  • Acceso total por SSH ou Terminal Server ao servidor segundo corresponda.
  • Acceso físico restrinxido ao servidor.
  • Local acondicionado con temperatura controlado.
  • Técnico de soporte á instalación (8h).
  • (Opcional) Firewall perimetral.
  • (Opcional) Backup xestionado polo CESGA.
  • (Opcional) Monitorización detallada de servizos.

 

  • Solicitude do servizo 

Este servizo está dispoñible para institucións do sistema universitario galego (SUG), centros do CSIC, departamentos de I+D de institucións e/ou empresas públicas ou privadas e institucións e/ou empresas que participen en actividades de I+D+i co CESGA sempre que cumpran cos criterios de adhesión.

Para realizar a solicitude por vía telemática debe de cubrir adecuadamente na sección de Soporte a UsuarioFormulario de Solicitude de aloxamento de servidor (seleccionando no campo Tipo: "Servidor físico").  

  • Tarifas

O custo do servizo ten en conta o espazo físico ocupado no armario onde é aloxado, o consumo eléctrico do hardware e de climatización asociado a devandito hardware, o porto do conmutador ao que está conectado, así como un mínimo de 8 horas de soporte por parte dos técnicos do CESGA.

Realizárase unha oferta concreta coa análise de cada caso particular segundo requirimentos e condicións do proxecto no que se enmarque.

  • Política de uso

O servizo adscríbese á política xeral de uso de servizos do CESGA, podendo consultarse esta na área de Soporte a Usuarios: Política xeral de uso aceptable.