Eduroam (contracción de edu cation roaming) é o servizo mundial de mobilidade segura desenvolvido para a comunidade académica e de investigación. Eduroam persegue o lema "abre o teu portátil e estás conectado".
O servizo permite que estudantes, investigadores e persoal das intitucións participantes teñan conectividade Internet a través do seu propio campus cando visitan outras institucións participantes.
Nos últimos anos tomaron gran importancia as tecnoloxías
relacionadas co acceso móbil a servizos, tanto desde o punto de vista
da telefonía, como desde o punto de vista de acceso a servizos
telemáticos que necesiten dunha conexión inarámica a unha
rede. Ademais do problema, puramente técnico, de conseguir unha conexión
inarámica a Internet, xorden outros relacionados coa xestión de conexións
móbiles e a xestión de usuarios que se moven entre
organizacións.
¿Que é Eduroam? (fonte: www.red.es)
Eduroam.es é, por tanto, unha iniciativa englobada no proxecto eduroam de RedIRIS e que
se encarga de coordinar a nivel nacional as iniciativas de diversas
organizacións co fin de conseguir un espazo único de mobilidade en España. Este espazo único de mobilidade consiste nun amplo
grupo de organizacións que en base a unha política de uso e unha serie de requirimentos
tecnolóxicos e funcionais, permiten que os seus usuarios
poidan desprazarse entre elas, dispoñendo en todo momento de servizos
móbiles que poidan necesitar. O obxectivo último sería que estes usuarios
ao chegar a outra organización dispuxesen, da maneira máis
transparente posible, dunha contorna de traballo virtual con conexión a Internet,
acceso a servizos e recursos da súa organización orixe, así como
acceso a servizos e recursos da organización que nese momento os acollen.
Doutra banda, Eduroam.es forma parte da iniciativa Eduroam a nivel internacional, financiada a través de GEANT 3, e operada por varias redes académicas europeas e TERENA. Esta iniciativa amplía o espazo de mobilidade ao ámbito académico europeo, a través de Eduroam Europa, e tende pontes con Eduroam Canadá, Eduroam US, e Eduroam APAN (Asia e Pacífico).
Este servizo está dispoñible para institucións do sistema universitario galego (SUG), centros do CSIC, departamentos de I+D de institucións e/ou empresas públicas ou privadas e institucións e/ou empresas que participen en actividades de I+D+i co CESGA sempre que cumpran cos criterios de adhesión.
O servizo de Eduroam aos usuarios finais (investigadores e estudantes) debe proporcionalo a institución de orixe de cada un dos seus usuarios.
A adhesión dunha institución galega á iniciativa debe realizarse mediante unha solicitude ao CESGA cubrindo o formulario de Solicitude de servizo Eduroam correspondente. Unha vez se determine que a institución solicitante cumpre os criterios de adhesión procederase a informar á mesma dos medios e configuración que deben articularse co fin de integrarse na xerarquía de autenticación utilizada polo servizo Eduroam.
A coordinación a nivel nacional proporciónaa RedIRIS que á súa vez é a encargada de prover o roaming internacional a través da xerarquia de radius á que esta conectada. A coordinación a nivel rexional (Galicia) proporciónaa CESGA que á súa vez é a encargada de notificar a RedIRIS a inclusión das novas institucións baixo a xerarquia rexional galega.
Para máis información consulte a páxina Eduroam do CESGA.
O servizo de Eduroam é gratuíto para todos os centros adscritos á iniciativa.
As organizacións adheridas á iniciativa Eduroam deben cumprir as con determinados requisitos de uso definidos no documento de Política de Participación localizable na web de Eduroam do CESGA.