Síguenos ...

  • Twitter FacebbokFlickrYouTube CESGA

Servizos PYME's

  • Servicios para Empresas

díxitos Marzo

  • díxitos MARZO 2017

  • CESGA ICTS
  • Descrición do servizo

CESGA é unha Autoridade de Rexistro (RA) válida dentro da Autoridade Certificadora (CA), PKI de pkIRISGrid . O papel do CESGA como RA de pkIRISGrid é validar a autenticación dos usuarios que soliciten certificados dixitais, tanto de usuario como de servidor, a condición de que sexan solicitados baixo o dominio "cesga.es".

  • Solicitude do servizo:

Este servizo está dispoñible para aqueles solicitantes que pertenzan ao CESGA, a algunha das universidades galegas, a un centro de investigación galego ou a un centro de Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC).

Desde a seguinte ligazón pódese descargar a guía de usuario para a RA CESGA onde se explica detalladamente como solicitar, renovar ou revogar un certificado dixital para unha persoa física ou para un servidor ou servizo dentro do CESGA como RA de pkIRISGrid

  • Tarifas

Este servizo é completamente gratuíto

  • Política de uso

Antes de solicitar o certificado dixital é recomendable ler o documento coa política para a RA CESGA, no que se atopan os formularios para solicitar un certificado e explícanse os requisitos necesarios para solicitalo.