Síguenos ...

  • Twitter FacebbokFlickrYouTube CESGA

Servizos PYME's

  • Servicios para Empresas

Annual Report 2016

  • Annual Report 2016

  • CESGA ICTS
  • Descrición do servizo

Coñécese como servidor privado virtual (VPS) a cada división dentro dun servidor físico, contendo cada unha de éstas divisións asignación de memoria RAM, CPU, disco duro e rede. Cada servidor físico pode aloxar varias máquinas virtuais nestas condicións. O usuario é quen xestiona o servidor virtual, como si se tratase dun servidor físico, e decidir os programas que se executan nel.

Un servidor virtual permite garantir parte dos recursos dunha máquina exclusivamente para el dentro dun servidor compartido por outros usuarios, achegando ao concepto de servidor adicado, dado que o resto de usuarios non poden consumir os recursos que reservan para o primeiro e viceversa.

Este servizo contempla a provisión dun servidor virtual situado nas plataformas de virtualización dispostas polo CESGA. Este tipo de servizo está orientado a usuarios cun perfil de coñecemento medio-alto. Ao non ser administrado polo CESGA calquera actuación sobre o sistema, máis aló dos propios problemas que poidan xurdir no aprovisionamento e xestión da plataforma virtual, serán facturados por horas completas a tarifas vixentes.

Hai que ter en conta que os servidores necesitan un determinado mantemento periódico. Polo que se non se ten capacidade e/ou coñecementos para facelo, deberíase optar pola contratación dun servizo de soporte ou delegar esta tarefa nalgunha persoa/empresa.

O servizo de aloxamento pode complementarse con servizos adicionais (monitorización detallada de servizos, backups, etc..)

As condicións que se inclúen nun aloxamento estándar son:

  1. Conectividade a internet redundante a RECETGA/RedIris.
  2. Alimentación ininterrompida.
  3. Unha (ou varias, segundo o caso) IP pública/s para o seu acceso a/desde internet.
  4. Acceso total por SSH.
  5. Local acondicionado con temperatura controlada.
  6. Técnico de soporte á instalación (8h).

(Opcional) Firewall perimetral.
(Opcional) Backup xestionado polo CESGA.
(Opcional) Monitorización detallada de servizos .

  • Solicitude do servizo:

Este servizo está dispoñible para institucións do sistema universitario galego (SUG), centros do CSIC, departamentos de I+D de institucións e/ou empresas públicas ou privadas e institucións e/ou empresas que participen en actividades de I+D+i co CESGA, sempre que cumpran cos criterios de adhesión.

Para realizar a solicitude por vía telemática debe de cubrir adecuadamente na sección de Soporte a Usuario o Formulario de Solicitude de aloxamento de servidor (seleccionando no campo Tipo: "Servidor virtual").  

  • Tarifas

Realízase unha oferta concreta coa análise de cada caso particular segundo requirimentos e condicións do proxecto no que se enmarque.

  • Política de uso

O servizo adscríbese á política xeral de uso de servizos do CESGA, podendo consultarse esta en a área de Soporte a Usuarios: Política xeral de uso aceptable.