SICAPTOR presenta resultados xerando gran interese entre a frota.

Proxecto SICAPTOR

O Proxecto  SICAPTOR concluíu con éxito, tras algo de máis dun ano de investigación, o proxecto “Implementación dun sistema electrónico de documentación da captura total para unha xestión sostible e en liña dos recursos pesqueiros” (SICAPTOR).

O proxecto estivo coordinado polo Grupo de Enxeñería de Procesos do Instituto de Investigacións Mariñas (IIM) http://www.iim.csic.es/index.php/2020/02/el-csic-optimiza-tecnicas-avanzadas-de-identificacion-y-cuantificacion-de-capturas-de-pesca/ . Como socios participou o Instituto Español de Oceanografía (IEO), o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) e a Organización de Produtores de Pesca do Porto e Ría de Marín (OPROMAR). Contou coa colaboración da a Fundación Biodiversidade, do Ministerio de Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, a través do Programa  Pleamar, cofinanciado polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP).

CESGA é o socio tecnolóxico no proxecto  SICAPTOR. A súa participación como plataforma tecnolóxica estivo centrada no sistema de recoñecemento de especies,  iObserver, no almacenamento e procesado de imaxes, no desenvolvemento e procesado de algoritmos de  Deep  Learning utilizando o supercomputador Finisterrae, así como na implantación do Rede  Box, a Interface que recolle a información alfanumérica proveniente do  iObserver e de datos do buque. Por último, CESGA desenvolveu e implantou para  SICAPTOR un  geoportal, isto é a ferramenta  online para visualización, análise e modelización de datos de capturas.

O obxectivo xeral do proxecto  SICAPTOR era a mellora do sistema  iObserver, dispositivo electrónico que se instala sobre a cinta de  triado e obtén fotografías de toda a captura, analizando cada imaxe para identificar a especie e estimar o tamaño e peso de cada exemplar. Esa información envíase en tempo real a un servidor en terra, onde se analiza e combina con modelos matemáticos para facer predicións do estado da pesqueira e xéranse mapas que permiten visualizar de forma sinxela.

Acometeuse  SICAPTOR para, desenvolver e implementar técnicas avanzadas de cuantificación de capturas totais de forma fiable, mesmo cando os exemplares na cinta  transportadora están  solapados ou superpostos. Pretendíase ensinar a un computador para comprender o contido dunha imaxe.

As técnicas avanzadas que se usaron son ferramentas de aprendizaxe profunda (deep  learning) e redes neuronais no marco/campo da intelixencia artificial.

Os principais fitos son a mellora do software e hardware do  iObserver e a implementación do  iObserver e de ferramentas  GIS na actividade pesqueira (https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/46819/xunta-destaca-importancia-del-trabajo-conjunto-flota-los-cientificos-para-mejorar).