A Supercomputación axuda a avaliar riscos de exposición a radiación médica
- Proxecto SINFONIA: Avaliación de riscos por exposición a radiación médica.
- CESGA participa nun consorcio multidisciplinar que combina a experiencia de 14 socios de 8 países europeos.
O consorcio inclúe grandes universidades, institutos de investigación, hospitais e empresas do sector saúde. Desde Galicia, ademais de CESGA, participa tamén o SERGAS ( Servizo Galego de Saúde).
SINFONIA abordará, durante estes catro anos, a avaliación do risco de radiación por efectos prexudiciais da exposición médica durante o manexo de pacientes con linfoma ou tumor cerebral.
O proxecto SINFONIA desenvolverá metodoloxías e ferramentas novas que proporcionarán unha avaliación integral do risco dos efectos prexudiciais da exposición á radiación en pacientes, traballadores, coidadores, o público xeral e o medio ambiente, durante o tratamento de pacientes con sospeita ou diagnóstico de linfoma e tumores cerebrais.
Nas últimas décadas, a velocidade, versatilidade e precisión das imaxes médicas que fan uso de radiacións ionizantes deron como resultado un rápido aumento no seu uso. Con todo, as exposicións médicas a doses baixas de radiación non están exentas de risco, e os efectos negativos que poidan causar á saúde están aínda pouco investigados. Ademais, non só representan un risco para os pacientes, senón tamén para os profesionais médicos, o público e o medio ambiente.
Os efectos negativos para a saúde das exposicións a doses baixas están pouco investigados. Non só representan un risco para os pacientes, senón tamén para os profesionais médicos, o público e o medio ambiente.
O proxecto SINFONIA busca encher este baleiro no noso coñecemento.
Os investigadores do proxecto SINFONIA están a desenvolver novos métodos e ferramentas para unha avaliación integral dos riscos e efectos nocivos da exposición ás radiacións causada polo tratamento e manexo dos pacientes.
Durante o proxecto, estes novos métodos e ferramentas aplicaranse a dúas patoloxías con tratamento radioterápico: o tratamento do linfoma e o tratamento dos tumores cerebrais.
Tamén serán obxecto de estudo os novos tratamentos con Lu-177 e Ga-68 en medicina nuclear, así como unha revisión dos tratamentos con I-131, valorando as repercusións á dose á poboación dunha forma máis ambiciosa que ata o de agora e considerando as doses recibidos polos pacientes, os acompañantes, os traballadores, o público en xeral e o medio ambiente dunha forma máis exhaustiva que ata o de agora.
Con todo, os resultados da investigación de SINFONIA non se limitan a estas dúas enfermidades específicas. Os métodos e ferramentas pódense aplicar a outras enfermidades, así como para estimar mellor a dose de radiación correcta e avaliar os riscos de diferentes procedementos terapéuticos e de imaxes relacionados co seu tratamento e manexo.
A principal ambición de SINFONIA é introducir un cambio importante na práctica clínica pasando do enfoque xeneralizado actual na avaliación do risco de radiación a un enfoque máis personalizado. Isto mellorará significativamente a protección radiolóxica en medicina.
A participación do CESGA no proxecto está relacionada coa prestación de soporte computacional para o adestramento dos algoritmos de aprendizaxe automática, así como servir e manter o repositorio de datos. Igualmente, CESGA colaborará nas actividades de educación e formación poñendo ao dispor do proxecto a súa experiencia e coñecemento en cursos de intelixencia artificial.
Para manterse informado acerca da evolución do proxecto consulte:
O Proxecto SINFONIA recibiu fondos do Programa de investigación e formación Euratom 2019-2020 baixo o contrato 945196.