A sala de computación do CESGA (CPD) constitúe unha contorna moi delicada con mecanismos de control de acceso mediante lector biométrico, sistemas automáticos de extinción de incendios mediante gas HFC227, sistemas de climatización de precisión (CRAC), conectividade de rede con RedIris, soporte da subministración eléctrica mediante SAI e grupo electróxeno, así como outros elementos requiridos para garantir o funcionamento dos servidores e equipos críticos instalados no mesmo.  Por este motivo deben seguirse procedementos e normas para garantir a seguridade da contorna do CPD por calquera persoa que acceda fisicamente ao mesmo.

Antes a solicitar o acceso ao CPD do CESGA, debe de realizar o seguinte:

  1. Ler a normativa de acceso ao CPD adxunta na sección "Documentos", ao pé desta páxina "Protocolo de acceso ao CPD CESGA".
  2. Cubrir o formulario de solicitude de acceso ao CPD, que pode atopar na sección de Formularios de Solicitude seleccionando no menú desplegable a opción  "Outros", onde verá a opción de envío mediante DNIe ou ben a alternativa de descarga dun ficheiro (.pdf) para cubrilo e posteriormente envíalo mediante correo postal.