O CESGA, a través do seu centro de xestión de rede monitoriza o tráfico e o estado dos diferentes centros conectados. De igual forma, para os servizos IT contratados tamén se dispón de información de monitorización detallada. Na presente sección poderá consultar os servizos de monitorización dispoñibles en función do perfil de usuario:

- Para todos os usuarios e de forma pública poderá consultar:

  • Estatísticas de tráfico de RECETGA cara a/desde a rede nacional de investigación RedIris. 

- Dentro do apartado  "monitorización" móstranse dous tipos de información: 

  • Para o persoal de contacto administrativo e técnico dos centros afiliados a RECETGA é posible consultar as gráficas de tráfico cursado a través das liñas de acceso do centro, así como as gráficas de retardo e conectividade.
  • Para os usuarios con servizos contratados de aloxamento de servidores (físicos e/ou virtuais) e que dispoñan de monitorización poderán consultar:

- Gráficas detalladas de información de disco, memoria, tráfico, procesos de servidores virtuais que teña aloxados en CESGA
- Gráficas de estado de dispoñibilidade de servidores físicos que teña aloxados en CESGA .