Síguenos ...

  • Twitter FacebbokFlickrYouTube CESGA

Servizos PYME's

  • Servicios para Empresas

díxitos Marzo

  • díxitos MARZO 2017

  • CESGA ICTS

(*)Faga click co botón izdo sobre as imaxes para velas a tamaño real

  •  CESGA_VNMS :

CESGA VNMS é un cliente web para a ferramenta de monitorización de redes ZABBIX. Foi desenvolvido polo departamento de comunicacións do CESGA (Centro de Supercomputación de Galicia) e foi implementado co obxectivo de ser utilizado en dispositivos móbiles.  O cliente foi implementado en PHP e JQuery Mobile,  e os datos mostrados son proporcionado pola API de ZABBIX mediante mensaxes JSON. A continuación enumeramos algunhas das funcionalidades máis importantes que este software pode realizar:

    - Visualización de alertas : últimas alertas activas ordenadas baixo diferentes parámetros .

    - Visualización de hosts : diferentes listas dos host monitorizados, información sobre as características individuais de cada un deles : IP, grupo, alertas, gráficos, logs, etc, posibilidade de execución de comando ( traceroute ou ping ) sobre hosts ...

    - Visualización de gráficos : diferentes de diferentes gráficos asociados a host en diferentes períodos : 1 hora, 12 horas, 1 día , 1 semana , etc

    - Visualización de screens : información relacionada con grupos de gráficos de diferentes hosts que están definidos na interfaz de ZABBIX.

    - Inclusión de network query tools : como nslookup, whois, ping, traceroute, etc a diferentes portos e direccións IP.

 

CESGA VNMS foi despregado en CentOS 5.7 (final) e foi probado nas seguintes plataformas : 

    - Google Android 2.3

    - Apple IOS 4 & IOS 5 ( en Iphone e Ipad)

    - Amazon Kindle
 

Ademais como se trata dunha aplicación web normal ( non foi programada en linguaxe nativa de ningún dispositivo móbil), tamén foi probado en :

    - Firefox 8.0 

    - Google Chrome 15.0.874.106

    - Internet Explorer 9

 

 

  •  Capturas :
Login Dashboard
Páxina de login
Páxina Dashboard onde se poden ver as
diferentes alertas

 

Search Host
Páxina de procura onde se pode localizar
os diferentes hosts monitorizados
Páxina dun host particular onde se
pode ver as suas diferentes características

 

Grafica Network
Gráfico de tráfico dun host determinado
Páxina de ferramentas onde se
 pode executar diferentes utilidades

 

 

  •  Demo :

Despregouse unha demostración do cliente de monitorización na seguinte URL :  http://demo.vnms.cesga.es

Para acceder á demo hai que utilizar as seguintes credenciais :  

    - user : demo@cesga.es

    - pass : demo

Hai que ter en conta que as opcións de filtros personalizados están deshabilitadas conscentemente para evitar interferencias entre os diferentes usuarios

 

 

  •  Documentación :

O código e a súa correspondente documentación (incluído o manual de usuario, diagramas de arquitectura, pasos de instalación, etc) foi publicado en : https://github.com/CESGA/CESGA-VNMS-ZABBIX

É de agradecer o reporte de erros ou propostas de mellora.

 

 

  •  Licenza :

O código da aplicación está baixo a licenza Open Source Initiative OSI - The MIT License (MIT). Se desexa información adicional desta licenza visite : http://www.opensource.org/licenses/mit-license.php 

Os parches a aplicar na API de Zabbix están baixo a licenza GNU Xeral Public License (GPL) version 2. Para información adicional visite : http://www.fsf.org/licenses/

A documentación relativa ao manual non está nin baixo a licenza GPL nin baixo a MIT, polo que haberá que utilizar o devandito manual baixo os seguintes termos:

     -  A conversión da información está permitida, pero o actual contido non poderá ser alterado nin editado.

     -  Pódese imprimir copia do manual só para uso persoal

     -  Para calquera outro uso, como venda de versións impresas do manual ( ou de partes del ) ou publicacións de este, hase de necesitar o consentimento do CESGA.

 

  • Contacto : 
Para calquera dúbida sobre a aplicación CESGA VNMS non dubide en porse en contacto connosco a través da seguinte ligazón: 
https://www.cesga.es/es/cesga/sobre_cesga/mailto?dep=Comunicaciones