#HACKatHOME: traballo en equipo para atopar solucións innovadoras a grandes retos

A Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Innovación, organiza os vindeiros 27 a 30 de xuño o primeiro hackaton virtual para crear solucións innovadoras para adaptar o tecido empresarial galego á nova realidade causada pola COVID-19. Co apoio de empresas tecnolóxicas, universidades e persoas innovadoras, búscase dar resposta traballando en equipo a cinco retos da industria, o comercio e o emprego. Se queres aportar ideas ou capacidades, únete ao equipo!

Aquí toda a  información acerca de como participar:

https://hackathome.gal/