O taller está dirixido a investigadores con experiencia en programación de computación cuántica que queiran facer uso do computador cuántico do CESGA (Qmio). Cubrirá aspectos avanzados da arquitectura da QPU, e a integración clásico-cuántico. É desexable, aínda que non imprescindible, contar con coñecementos de física cuántica.
- Data: xoves 20 e venres 21 de Xuño de 2024
- Horario: de 10:00 a 15:00
- Prazas: 40
- Modalidade: presencial, no edificio do Centro de Supercomputación de Galicia
- Formador: persoal técnico das empresas Oxford Quantum Circuits e Fujitsu
Contido:
- 1. Stack Overview Part-1 Hardware
- 2. Stack Overview Part-2 Software
- 3. QAT Dataflow demo
- 4. Quantum – HPC Integration
- 5. cQED Session / 1Q – Transmon Qubit Physics – Measurements Overview
- 6. 1Q Live Demo + Q&A – Calibration Overview – Demo
- 7. cQED Session – 2Q – Physics of Qubit-Qubit Coupling
- 8. 2Q demo – Calibration overview
Rexistro pechado