O Taller será online (webinar CESGA) e terá lugar o mércores 6 de abril e xoves 7 de abril en horario de mañá de 11:00h a 13:30h.
O martes 5 de abril enviaranse as confirmacións de rexistro así como os detalles necesarios para a conexión aos asistentes.
O Taller está dirixido exclusivamente a usuarios con conta activa no FinisTerrae III, para que poidan alcanzar un coñecemento máis profundo da utilización dos equipos e poder aproveitar mellor as ferramentas dispoñibles. O taller está limitado a 60 persoas.
Recomendámoslle: para a conexión necesitará un navegador con soporte para html 5.0 recoméndase Chrome ou Firefox. Non se recomenda Microsoft Edge ou Internet Explorer, xa que pode xerar problemas.
Contido
1ª sesión:
Mércores 6 abril de 11:00 a 13:30
Descrición avanzada do FT III
- Tipos e características dos sistemas de almacenamento. Uso avanzado.
- Identificación das redes existentes e modos de uso.
- Descrición do procesador e as súas características avanzadas.
Uso avanzado do sistema de colas:
- Opcións de interese en comandos básicos
- Uso de nodos especiais
- Variables de contorna e personalización do profile de usuario
- Dependencia de traballos
- Notificacións por correo
- Modificación de traballos
2ª sesión:
Xoves 7 abril de 11:00 a 13:30
Aplicacións, compiladores e ferramentas de desenvolvemento dispoñibles
Execución de traballos paralelos:
- Memoria compartida (ej. OpenMP)
- Memoria distribuida (ej. MPI)
Soporte de aceleradores:
- GPU
Execución de múltiples tarefas:
- Job arrays
- Opción multi-prog
- Trabajos multistep
- GNU Parallel y srun
- Workflows/pipelines
Utilización de contedores: Singularity
Utilización de contornas python: Conda
Visualización:
- Escritorios remotos baixo un traballo