Taller Uso FinisTerrae
O taller será online (webinar CESGA) e terá lugar o martes día 29 de xuño de 2021 en horario de mañá de 10:00 h a 13:00 h.
Se o número de asistentes é moi elevado haberá unha segunda sesión o mércores día 30 de xuño en horario de mañá de 10:00 h a 13:00 h.
O luns 28 de xuño enviaranse os detalles necesarios para a conexión aos asistentes.
Dirixido a usuarios noveis ou potenciais usuarios do computador FinisTerrae, co obxectivo de que coñezan o equipo e aprendan a utilizalo para as súas propias aplicacións ou as que xa están dispoñibles.
Recomendámoslle: Para a conexión necesitará un naveador con soporte html 5.0 recoméndase Chrome ou Firefox. Non se recomenda Microsoft Edge ou Internet Explorer xa que pode xerar problemas.
Contido
Descrición FinisTerrae:
- Arquitectura cluster.
- Nomenclatura: Nodo/Socket/Core/Hilo.
- Descrición do hardware.
Acceso:
- Conta de usuario: dereitos e obrigas. Portal. Consumos do portal.
- SSH: descrición e programas dispoñibles. Exemplos de acceso e subida de ficheiros de Linux/Windows/Mac.
- Escritorio remoto: descrición.
- VPN: Descrición e escenarios de uso.
Sistema de colas:
- Que é?.
- Por que é necesario?.
- Límites e prioridades.
- Conceptos e comandos básicos.
- Traballos interactivos.
- Directorios de scratch.
Aplicacións:
- Software instalado.
- Petición de novo software.
- Uso das aplicacións (modules).
- Execución de traballos simples.