Taller Uso FinisTerrae II

O Taller será online ( webinar CESGA) e terá lugar o mércores día 14 de outubro de 2020 en horario de mañá de 10:00 h a 13:00 h.

Se o número de asistentes é moi elevado haberá unha segunda sesión o xoves día 15 de abril en horario de mañá de 10:00 h a 13:00 h.

O martes 13 de abril enviaranse os detalles necesarios para a conexión aos asistentes.

Dirixido a usuarios noveis ou potenciais usuarios do computador FinisTerrae II, co obxectivo de que coñezan o equipo e aprendan a utilizalo para as súas propias aplicacións ou as que xa están dispoñibles.

Recomendámoslle: Para a conexión necesitará un naveador con soporte html 5.0 recoméndase Chrome ou Firefox. Non se recomenda Microsoft Edge ou Internet Explorer xa que pode xerar problemas.

Contido

Descrición FinisTerrae II:

  • Arquitectura cluster
  • Nomenclatura: Nodo/Socket/Core/Hilo
  • Descrición do hardware

Acceso:

  • Conta de usuario: dereitos e obrigas. Portal. Consumos do portal
  • SSH: descrición e programas dispoñibles. Exemplos de acceso e subida de ficheiros de Linux / Windows / Mac
  • Escritorio remoto: descrición
  • VPN: Descrición e escenarios de uso

Sistema de colas:

  • Que é?
  • Por que é necesario?
  • Límites e prioridades
  • Conceptos e comandos básicos
  • Traballos interactivos
  • Directorios de scratch

Aplicacións:

  • Software instalado
  • Petición de novo software
  • Uso das aplicacións (modules)
  • Execución de traballos simples

Rexistro pechado