TÉCNICO/A COORDINADOR/A DE PROXECTO – DATOS

Referencia: EDD-DATALIFE-24-TCPD

Resumen:

Buscamos un/unha técnico/a coordinador de proxecto -DATOS que entre outras funcións (recollidas nas bases) terá a de colaborar no Deseño de solucións avanzadas en desenvolvemento da implementación de arquitecturas e software para a investigación na contorna do espazo de datos OneHealth en áreas como intelixencia artificial ou big data…

As súas responsabilidades serán prestar apoio na xestión técnica do proxecto. Será responsable da xestión e coordinación técnica do proxecto para garantir o seu éxito e cumprimento dos objectivos previstos. De maneira particular, exercerá as seguintes responsabilidades:

• Coordinación da parte técnica do proxecto, baixo a supervisión dos responsables do mesmo en CESGA, e en colaboración co Coordinador da parte de xestión.

•  Calquera outras que sexan necesarias para alcanzar o éxito do proxecto e os resultados previstos.

A persoa contratada traballará nun equipo multidisciplinar e motivador, cunha gran experiencia na área das tecnoloxías da información, onde valoramos especialmente a iniciativa, capacidade de traballo en equipo e procura de solucións creativas

Ofrécese un contrato de Actividades Científico Técnicas, de duración desde a firma ata a data de finalización do demostrador multisectorial DATALIFE.

Aproximadamente 12 meses. Xornada a tempo completo.

Salario: 34.251,39 euros brutos anuais en 14 pagas. Centro de traballo en Santiago de Compostela.

O CESGA é unha fundación pública pioneira a nivel nacional na área de computación de altas prestacións. O centro ten unhas condicións laborais atractivas, comprometido coa promoción da igualdade entre xéneros, e conta cun réxime de teletraballo opcional de ata o 60% do tempo onde permite flexibilizar a xornada de acordo con as túas necesidades

Requisitos mínimos dos candidatos: Nivel 3 (Grao + Máster, Licenciatura, Enxeñería) segundo o Marco Español de cualificacións para a Educación Superior recollido no Real Decreto 1027/2011 de 15 de Julio ou superior. Deberá estar en posesión dos títulos oficiais de grao, ou equivalente, e de máster universitario, ou equivalente, tendo superados, polo menos, 300 créditos ECTS no conxunto destes dous ensinos. Adscrición: consultar as bases.


Publicado o 14/01/2025:

Bases da convocatoria
Corrección de erros das Bases da convocatoria

Instruccións para cubrir a solicitude

Modelo de solicitude (.docx)
Modelo de solicitude (.odt)

Si tienes cualquier pregunta o duda, por favor consúltanos en emprego@cesga.gal


Estas contratacións serán financiadas exclusivamente dentro do Compoñente 12 (Política Industrial España 2030) Investimento 1 (Espazos de datos sectoriais) e Obxectivo CID 180 (Grandes espazos de datos sectoriais e interoperables de alto valor), do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado a través do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia (MRR)_ NextGenerationEU e o Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública, imputándose á partida orzamentaria 33-50-46LA-750.20 e co número de expediente TSI-100120-2024-12.
As contratacións suxeitaranse por tanto, á normativa do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia, en particular, ao Regulamento (UE) número 2021/241, do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de Recuperación e Resiliencia, á Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, á Orde HFP/1031/2021, do 29 de setembro e a Orde HFP/55/2023, do 24 de xaneiro, relativa á análise sistemática do risco de conflito de interese nos procedementos que executan o Plan de Recuperación Transformación e Resiliencia.