TÉCNICO/A COORDINADOR/A DE PROXECTO – XESTIÓN
Referencia: EDD-DATALIFE-24-TCPX
Resumo:
Buscamos un Técnico/a Coordinador/a de proxecto – XESTIÓN que entre outras funcións (recollidas nas bases) terá a de Planificación, seguimento, control e supervisión dos fitos relativos á xestión e administración do proxecto tanto externa como interna.
As súas responsabilidades serán prestar apoio na xestión técnica do proxecto. Será responsable da xestión e coordinación do proxecto para garantir o seu éxito e cumprimento dos obxectivos previstos. De maneira particular, exercerá as seguintes responsabilidades:
• Coordinación do equipo do proxecto Liderar as relacións do proxecto con terceiros, baixo a supervisión dos responsables do proxecto en CESGA, e de forma coordinada co responsable técnico do proxecto.
• Calquera outras que sexan necesarias para alcanzar o éxito do proxecto e os resultados previstos.
A persoa contratada traballará nun equipo multidisciplinar e motivador, cunha gran experiencia na área das tecnoloxías da información, onde valoramos especialmente a iniciativa, capacidade de traballo en equipo e procura de solucións creativas.
Ofrécese un contrato de Actividades Científico Técnicas, de duración desde a firma ata a data de finalización do demostrador multisectorial DATALIFE. Aproximadamente 12 meses. Xornada a tempo completo.
Salario: 34.251,39 euros brutos anuais en 14 pagas. Centro de traballo en Santiago de Compostela.
O CESGA é unha fundación pública pioneira a nivel nacional na área de computación de altas prestacións. O centro ten unhas condicións laborais atractivas, comprometido coa promoción da igualdade entre xéneros, e conta cun réxime de teletraballo opcional de ata o 60% do tempo onde permite flexibilizar a xornada #de acordo con as túas necesidades.
Requisitos mínimos dos candidatos:
Nivel 3 (Grao + Máster, Licenciatura, Enxeñería) segundo o Marco Español de cualificacións para a Educación Superior recollido no Real Decreto 1027/2011 do 15 de xullo ou superior. Deberá estar en posesión dos títulos oficiais de grao, ou equivalente, e de máster universitario, ou equivalente, tendo superados, polo menos, 300 créditos ECTS no conxunto destes dous ensinos. Adscrición: consultar as bases.
Publicado o 14/01/2025:
Bases da convocatoria
Corrección de erros das Bases da convocatoria
Instruccións para cubrir a solicitude
Modelo de solicitude (.docx)
Modelo de solicitude (.odt)
Se tes calquera pregunta ou dúbida, por favor consúltanos en emprego@cesga.gal
Estas contratacións serán financiadas exclusivamente dentro do Compoñente 12 (Política Industrial España 2030) Investimento 1 (Espazos de datos sectoriais) e Obxectivo CID 180 (Grandes espazos de datos sectoriais e interoperables de alto valor), do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado a través do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia (MRR)_ NextGenerationEU e o Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública, imputándose á partida orzamentaria 33-50-46LA-750.20 e co número de expediente TSI-100120-2024-12.
As contratacións suxeitaranse por tanto, á normativa do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia, en particular, ao Regulamento (UE) número 2021/241, do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de Recuperación e Resiliencia, á Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, á Orde HFP/1031/2021, do 29 de setembro e a Orde HFP/55/2023, do 24 de xaneiro, relativa á análise sistemática do risco de conflito de interese nos procedementos que executan o Plan de Recuperación Transformación e Resiliencia.