TÉCNICO/A ESPECIALISTA EN INVESTIGACIÓN – ML & DATA SUPPORT

Referencia: EDD-DATALIFE-24-TESI1-TESI2-TESI3

Resumo:

Buscamos tres Técnicos/as especialistas de soporte a investigación – ML & DATA SUPPORT, que entre outras funcións (recollidas nas bases), baixo a dirección do técnico/a coordinador/a de o proxecto terá a de soporte nas tarefas de deseño, desenvolvemento e soporte na implementación do espazo de datos en saúde…

Será responsable baixo a dirección do técnico/a coordinador do proxecto de dar soporte técnico aos socios e investigadores do proxecto na xestión, deseño e implementación das tecnoloxías necesarias para o desenvolvemento dun espazo de datos no campo de One-Health.

A persoa contratada traballará nun equipo multidisciplinar e motivador, cunha gran experiencia na área das tecnoloxías da información, onde valoramos especialmente a iniciativa, capacidade de traballo en equipo e procura de solucións creativas.

Ofrécese un contrato de traballo temporal (disposición adicional décima da Lei 17/2022, do 5 de setembro) , desde a firma ata a data de finalización do demostrador multisectorial DATALIFE. Aproximadamente 12 meses. Xornada a tempo completo

Salario: 23.531,01 euros brutos anuais en 14 pagas. Centro de traballo en Santiago de Compostela.

O CESGA é unha fundación pública pioneira a nivel nacional na área de computación de altas prestacións. O centro ten unhas condicións laborais atractivas, comprometido coa promoción da igualdade entre xéneros, e conta cun réxime de teletraballo opcional de ata o 60% do tempo onde permite flexibilizar a xornada #de acordo con as túas necesidades.

Requisitos mínimos dos candidatos: Formación Profesional de Grao Medio na Familia Profesional de Informática e Comunicación.


Publicado 0 14/01/2025:

Bases da convocatoria
Corrección de erros das Bases da convocatoria

Instruccións para cubrir a solicitude

Modelo de solicitude (.docx)
Modelo de solicitude (.odt)

Se tes calquer pregunta ou dúbida, por favor consúltanos en emprego@cesga.gal


Estas contratacións serán financiadas exclusivamente dentro do Compoñente 12 (Política Industrial España 2030) Investimento 1 (Espazos de datos sectoriais) e Obxectivo CID 180 (Grandes espazos de datos sectoriais e interoperables de alto valor), do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado a través do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia (MRR)_ NextGenerationEU e o Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública, imputándose á partida orzamentaria 33-50-46LA-750.20 e co número de expediente TSI-100120-2024-12.
As contratacións suxeitaranse por tanto, á normativa do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia, en particular, ao Regulamento (UE) número 2021/241, do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de Recuperación e Resiliencia, á Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, á Orde HFP/1031/2021, do 29 de setembro e a Orde HFP/55/2023, do 24 de xaneiro, relativa á análise sistemática do risco de conflito de interese nos procedementos que executan o Plan de Recuperación Transformación e Resiliencia.