TÉCNICO/A INVESTIGADOR/A EN SIMULACIÓN COMPUTACIONAL E ANALISE DE DATOS PARA ONE- HEALT

Referencia: EDD-DATALIFE-24-TINV-SC

Resumo:

Buscamos un Técnico/a Investigador/a en Simulación Computacional e Análise de Datos para One- Health, que entre outras funcións (recollidas nas bases), terá a de Investigación e simulación computacional: Execución de simulacións de dinámica molecular para moléculas biolóxicas e fármacos, así como optimización de protocolos tanto de produción como de análise para a obtención de descritores moleculares relevantes…

As persoas contratadas traballarán nun equipo multidisciplinar e motivador, cunha gran experiencia na área das tecnoloxías da información, onde valoramos especialmente a iniciativa, capacidade de traballo en equipo e procura de solucións creativas.

Ofrécese un contrato de traballo temporal (disposición adicional décima da Lei 17/2022, do 5 de setembro ) , desde a firma ata a data de finalización do demostrador multisectorial DATALIFE. Aproximadamente 12 meses. Xornada a tempo completo.

Salario: 34.251,39 euros brutos anuais en 14 pagas. Centro de traballo en Santiago de Compostela.

Requisitos mínimos dos candidatos: Nivel 3 (Grao + Máster, Licenciatura, Enxeñería) segundo o Marco Español de cualificacións para a Educación Superior recollido no Real Decreto 1027/2011 do 15 de xullo ou superior. Deberá estar en posesión dos títulos oficiais de grao, ou equivalente, e de #máster universitario, ou equivalente, tendo superados, polo menos, 300 créditos ECTS no conxunto destes dous ensinos. Adscrición: consultar as bases.


Publicado o 14/01/2025:

Bases da convocatoria
Corrección de erros das Bases da convocatoria

Instruccións para cubrir a solicitude

Modelo de solicitude (.docx)
Modelo de solicitude (.odt)

Se tes calquera pregunta ou dúbida, por favor consúltanos en emprego@cesga.gal


Estas contratacións serán financiadas exclusivamente dentro do Compoñente 12 (Política Industrial España 2030) Investimento 1 (Espazos de datos sectoriais) e Obxectivo CID 180 (Grandes espazos de datos sectoriais e interoperables de alto valor), do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado a través do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia (MRR)_ NextGenerationEU e o Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública, imputándose á partida orzamentaria 33-50-46LA-750.20 e co número de expediente TSI-100120-2024-12.
As contratacións suxeitaranse por tanto, á normativa do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia, en particular, ao Regulamento (UE) número 2021/241, do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de Recuperación e Resiliencia, á Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, á Orde HFP/1031/2021, do 29 de setembro e a Orde HFP/55/2023, do 24 de xaneiro, relativa á análise sistemática do risco de conflito de interese nos procedementos que executan o Plan de Recuperación Transformación e Resiliencia.